Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Xeral 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A6 A8 A12 B2 B3 B5 C1 A realización do traballo previo, así como subir as respostas ao Campus Virtual, será imprescindible para poder ser avaliado no Obradoiro correspondente.
Nesta actividade terase en conta a participación activa e o nivel de coñecemento demostrado polo alumnado na proba de resposta múltiple que se realizará ao final de cada obradoiro.
10
Proba mixta A1 A2 A3 A6 A8 A12 A14 B2 B3 C1 Consistirá nunha proba de conxunto que se celebrará á fin do semestre. Constará tanto de preguntas a desenvolver, como de preguntas tipo test, formulación e problemas. Estes serán similares aos plantexados ao longo do curso.
65
Solución de problemas A1 A2 A3 A6 A8 A12 A14 B2 B3 C1 A realización do boletín, así como subir as respostas ao Campus Virtual, será imprescindible para poder ser avaliado na clase de problemas correspondente.
Realizaranse periodicamente probas curtas, como se menciona na sección de metodoloxía.
Nesta actividade avaliarase tamén a participación activa e o nivel de coñecemento demostrado polo alumnado, tanto ao resolver os exercicios, como no debate cos seus compañeiros.
20
Lecturas A1 A2 A3 A6 A8 A12 A14 A25 B4 Avaliarase o aprendido na lectura mediante un test que se realizará no Moodle, tras ler as lecturas recomendadas e asistir a clase expositiva relacionada. 5
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será necesario conseguir polo menos 50 puntos entre as diferentes actividades avaliables (proba mixta, lecturas, solución de problemas e obradoiros), así como obter unha cualificación mínima de cinco sobre dez puntos na proba mixta. 

De non alcanzarse dita puntuación mínima na proba mixta, no caso de que a media sexa superior ou igual a 50 puntos (sobre 100) a materia figurará como suspensa (4.5).

Dado que a cualificación baséase no modelo de avaliación continua, valorarase especificamente a progresión do alumno ao longo de todo o cuadrimestre cun máximo de 1 punto que poderá sumarse á cualificación final.

No caso de que a cualificación da proba mixta sexa superior a suma de todas as cualificacións das actividades avaliables, a cualificación final será a da proba mixta.

Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán participar en máis dun 25% das clases de solución de problemas e dos obradoiros, nin realizar a proba mixta.
Na segunda oportunidade repetirase a proba mixta e a cualificación final calcúlase de acordo coas porcentaxes establecidas e as restricións previamente fixadas.
O alumnado que sexa avaliado na denominada segunda oportunidade só poderá optarse á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non fose cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia, a cualificación obtida nas actividades asociadas ao sistema personalizado de tutorías corresponderase coa avaliación da metodoloxía desolución de problemas, é dicir co 20% da cualificación final. O 80% restante da devandita cualificación final será determinada a través dos resultados obtidos polo alumno na proba mixta.
O plaxio en calquera das probas ou actividades de avaliación levará consigo as implicacións descritas na normativa da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes