Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química 4
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade en grupo grande que se levará a cabo ao inicio do curso, e onde se presentará a materia comentando entre outros aspectos, a metodoloxía de traballo e os criterios que se utilizarán na avaliación do alumno. Por outra banda, o persoal da biblioteca impartirá un curso no que explicará os recursos e manexo básico na biblioteca.
Sesión maxistral Sesión de aula que terá lugar durante os primeiros días do curso. Nela abordarase en grupo grande o tema do bloque da Introdución sobre a Seguridade e o Traballo nun laboatorio Químico.
Obradoiro Na maioría das prácticas de laboratorio o alumno debe traballar unha serie de conceptos que son básicos para entender o fundamento das mesmas, e que lle serán especificados no guión de laboratorio de cada práctica. Nesta actividade, que se levará a cabo en grupo reducido no propio laboratorio antes de comenzar coa realización da práctica, os alumnos levarán a cabo unha exposición e debate, dirixida e supervisada polo profesor, para avaliar o grao de comprensión do fundamento de dita práctica.
Prácticas de laboratorio Sesións de laboratorio en grupo reducido nas que se realizarán prácticas de procesos básicos e experimentos relacionados coas técnicas fundamentais nun laboratorio químico, ao mesmo tempo que se aprenderá a elaborar un caderno de laboratorio. Cada práctica levará asociado un guión que deberá ser estudado con antelación polos alumnos. Este guión conterá cuestións que incidirán na comprensión dos fundamentos de cada práctica, nos posibles aspectos de perigo, toxicidade e medidas de seguridade, e no análise de resultados e conclusións.
Seminario O finalizar o período de prácticas levarase a cabo un seminario en grupo reducido, onde o profesor propón os alumnos un traballo relativo a unha parte específica da materia, para repasar e afianzar conceptos, e que posteriormente será discutido en grupo e co profesor.
Proba mixta Ao finalizar o período de prácticas realizarase un exame escrito ónde se avaliarán os coñecementos adquiridos polos alumnos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes