Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química 4
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A16 A18 A20 A21 A24 A25 B2 B3 C1 Periódicamente realizaranse probas curtas de acordo co indicado no apartado de Metodoloxía. 10
Prácticas de laboratorio A1 A7 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 Durante a realización das prácticas de laboratorio levarase a cabo unha avaliación contínua do traballo do alumno, o grao de comprensión das prácticas, actitude, racionalización; avaliaranse tamén as Fichas e o Caderno de Laboratorio (ver metodoloxías).
60
Proba mixta A1 A12 A16 A18 A20 A21 A24 A25 B2 B3 C1 Exame escrito no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumno en tódalas actividades realizadas.
20
Obradoiro A1 A16 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B7 C1 C3 Avaliación dos conceptos previos que o alumno debe traballar para cada unha das prácticas do Bloque II, previa a realización das mesmas. 10
 
Observacións avaliación

- Esta é unha materia experimental, polo que a asistencia a tódalas actividades presenciais programadas do curso é obrigatoria.

- Para superar a materia será preciso acadar sumadas as cualificacións de tódalas actividades avaliables (prácticas de laboratorio, obradoiros, proba obxetiva e proba mixta) un mínimo de 5 (sobre 10), sendo tamén condición imprescindible obter un mínimo dun 4 (sobre 10) da cualificación da Proba mixta, e un mínimo dun 4 (sobre 10) da suma das cualificacións dos apartados Obradoiro + Prácticas de laboratorio. No caso de que o alumno non conseguise a puntuación mínima nalgunha
delas, se a suma do conxunto de tódalas actividades avaliables é superior ou igual a 5 puntos a materia
figurará como suspensa (4,5 sobre 10 puntos).

- En caso de non superar a asignatura na primeira oportunidade, as cualificacións das prácticas de laboratorio, probas obxetivas e obradoiros conservaranse na segunda oportunidade de xullo. Non obstante, a cualificación da proba mixta de xullo substituirá a obtida na proba mixta da primeira oportunidade.

- Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 25% das prácticas de laboratorio e dos obradorios, nin realizar a proba mixta.

- Dacordo coa normativa académica, os alumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidade".

- Polo que se refire os sucesivos cursos académicos, o alumno deberá realizar e volver a ser avaliado en tódalas actividades metodolóxicas programadas para dito curso.

- Ao tratarse dunha materia experimental a asistencia a todalas actividades é obrigatorio, polo que para aqueles alumnos que se acollan ao "recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" tratarase de adaptar os horarios, na medida do posible, a disponibilidade dos alumnos. A cualificación final para os devanditos alumnos, tanto para a primeira como para a segunda oportunidade, será a anteriormente citada.

- No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e
adecuadamente xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total
ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de
avaliación continuada. O alumando que se atopara nesta circunstancia
deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a
consecución das competencias propias da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes