Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Subjects
  Chemistry Laboratory 1
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Objective test A1 A16 A18 A20 A21 A24 A25 B2 B3 C1 Periódicamente realizaranse probas curtas de acordo co indicado no apartado de Metodoloxía. 10
Laboratory practice A1 A7 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C3 C1 Durante a realización das prácticas de laboratorio levarase a cabo unha avaliación contínua do traballo do alumno, o grao de comprensión das prácticas, actitude, racionalización; avaliaranse tamén as Fichas e o Caderno de Laboratorio (ver metodoloxías).
60
Mixed objective/subjective test A1 A12 A16 A18 A20 A21 A24 A25 B3 B2 C1 Exame escrito no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumno en tódalas actividades realizadas.
20
Workshop A1 A16 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B7 C3 C1 Avaliación dos conceptos previos que o alumno debe traballar para cada unha das prácticas do Bloque II, previa a realización das mesmas.
No obradoiro de repaso que se realizará ao rematar as prácticas, evaluarase a participación activa do alumno e os conceptos fináis adquiridos.
10
 
Assessment comments

- Esta é unha materia experimental, polo que a asistencia a tódalas actividades presenciais programadas do curso é obrigatoria.

- Para superar a materia será preciso obter en cada unha das partes avaliables un mínimo de 4 (sobre 10) da puntuación máxima posible para esa parte, e acadar sumadas as cualificacións de tódalas actividades avaliables (prácticas de laboratorio, proba mixta e traballos tutelados) un mínimo de 5 (sobre 10).

- En caso de non superar a asignatura na primeira oportunidade, as cualificacións das prácticas de laboratorio e traballos tutelados conservaranse na segunda oportunidade de xullo. Non obstante, a cualificación da proba mixta de xullo substituirá a obtida na proba mixta da primeira oportunidade.

- Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 25% das prácticas de laboratorio e dos traballos tutelados, nin realizar a proba mixta.

- Dacordo coa normativa académica, os alumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidade".

- Polo que se refire os sucesivos cursos académicos, o alumno deberá realizar e volver a ser avaliado en tódalas actividades metodolóxicas programadas para dito curso.

- No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e
adecuadamente xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total
ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de
avaliación continuada. O alumando que se atopara nesta circunstancia
deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a
consecución das competencias propias da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes