Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Laboratorio de Química 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A7 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 Durante a realización das prácticas de laboratorio, levarase a cabo unha avaliación contínua do traballo do alumnado, o grao de comprensión das prácticas, a actitude e a racionalización dos experimentos. Igualmente, avaliaranse tanto o contido, como o formato do Caderno de Laboratorio (ver metodoloxías).
40
Proba mixta A1 A12 A16 A18 A20 A21 A24 A25 B2 B3 C1 Exame escrito no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumnado en todas as actividades realizadas.
30
Obradoiro A1 A16 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B7 C1 C3 Avaliación do Traballo Previo que o alumnado debe elaborar para cada unha das prácticas do Bloque II, previa a realización das mesmas. Esta actividade será avaliada mediante a participación activa do alumnado e os conceptos adquiridos na preparación do Traballo Previo. 10
Proba de resposta breve A1 A7 A18 A20 A21 A24 B2 B3 C1 Ao finalizar cada práctica do Bloque II, levarase a cabo unha proba de resposta curta e/ou cálculo relacionadas cos contidos e aspectos relevantes da práctica realizada para evaluar a racionalización dos fundamentos teóricos coa experimental. 20
 
Observacións avaliación

- Esta é unha materia experimental, polo que a asistencia a todas as actividades presenciais programadas do curso é obrigatoria.

- Para superar a materia será preciso acadar, sumadas as cualificacións de todas as actividades de evaluación continuada (prácticas de laboratorio, obradoiros e proba de resposta breve), un mínimo de 5 puntos (sobre 10) e obter un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na cualificación da Proba mixta. No caso de que o alumnado non conseguise a puntuación mínima nalgunha delas, se a suma do conxunto de todas as actividades avaliables é superior ou igual a 5 puntos, a materia figurará como suspensa (4,5 sobre 10 puntos).

- No caso de non superar a materia na primeira oportunidade:

1) A cualificación dos obradoiros e as probas de resposta breve conservarase na segunda oportunidade de xullo. 

2) A cualificación das prácticas de laboratorio substituirase pola obtida nun exame práctico, sendo necesario acadar un mínimo de 5 puntos (sobre 10). Igualmente, será condición imprescindible obter un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na suma das cualificacións dos apartados Obradoiro + Prácticas de laboratorio. 

3) A cualificación da proba mixta da segunda oportunidade de xullo substituirá a obtida na proba mixta da primeira oportunidade, sendo de novo necesario acadar un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na puntuación da proba mixta para poder superar a materia.

- Para obter a cualificación de non presentado, o alumnado non poderá ter participado en máis dun 25% das prácticas de laboratorio e dos obradorios, nin realizar a proba mixta.

- De acordo coa normativa académica, o alumnado que sexa avaliado na "segunda oportunidade", só poderá optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidade".

- Ao tratarse dunha materia experimental, a asistencia a todas as actividades é obrigatoria, polo que para aquel alumnado que se acolla ao "recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia" tratarase de adaptar os horarios á súa dispoñibilidade na medida do posible. A cualificación final para este alumnado, tanto para a primeira como para a segunda oportunidade, seguirá o esquema de avaliación anteriormente descrito.

- No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e adecuadamente xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O alumando que se atopara nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe lugar a dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia.

Implicacións do plaxio na cualificación:

A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida para a avaliación da materia implicará directamente a cualificación de suspenso (0,0 ptos) na convocatoria correspondente, conforme se recolle no Estatuto do Estudantado da UDC (artigo 35, punto 3, https://www.udc.es/es/normativa/estudantes/estatuto_estudantado/index.html).

Convocatoria
adiantada de decembro:

A ponderación na avaliación das diferentes actividades
docentes do alumnado que participe na convocatoria adiantada de decembro será
adaptada ás novas porcentaxes de avaliación recollidas na presente guía, no
caso de que estas difiran entre si en ámbolos dous cursos académicos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes