Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Analítica 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 A16 A17 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C6 A cualificación obtida nas prácticas de laboratorio suporá o 20% da cualificación da materia. Valorarase a realización axeitada dos prelaboratorios, a destreza na realización do traballo experimental, a interpretación dos datos obtidos, así como a correcta realización dos cálculos, as respostas ás cuestións das devanditas prácticas (que se deberán entregar) e a elaboración da libreta de laboratorio.
20
Solución de problemas A7 A16 A20 B1 B2 B4 C1 O control da asistencia a estas actividades, así coma o traballo realizado antes e durante as mesmas, contribúe na cualificación final da materia cun 10%.
10
Proba mixta A4 A7 A20 A21 A24 B1 B2 C1 C6 Realizaranse dúas probas escritas en cada unha das convocatorias oficiais: unha proba constará de preguntas de teoría e teoría aplicada e a outra proba constará de exercicios enfocados á resolución de problemas.
65
Proba de resposta breve A4 A7 A21 B4 Probas realizadas a través da plataforma Moodle sobre dous dos temas da materia mediante preguntas de resposta breve. Ámbolos dous temas non serán avaliados na proba mixta.
5
 
Observacións avaliación
Para superar a materia plantéxanse tres requisitos básicos:

1.- As prácticas de laboratorio son obrigatorias para poder aprobar a materia.
2.- O sumatorio das notas das diferentes actividades non poderá ser inferior a 5 (sobre 10).
3.-Acadar unha cualificación mínima tanto nas prácticas de laboratorio coma en cada unha das probas escritas das que consta cada convocatoria. Esta cualificación mínima non poderá ser inferior a 4 (sobre 10). De non acadar a puntuación mínima nalgunha delas, e aínda que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10), a asignatura estará suspensa e figurará unha cualificación de 4.5.

Os alumnos que non participen nas actividades desenvolvidas nas sesións de solución de problemas ou na proba de resposta breve, obterán unha cualificación de 0 nestes apartados.

Cualificarase cun Non Presentado aos alumnos que non realicen as prácticas de laboratorio e tampouco realicen a proba mixta.

No contexto de "avaliación continuada" a "segunda oportunidade de xullo" enténdese coma unha segunda oportunidade de realización da proba mixta. Polo tanto, para as prácticas de laboratorio, solución de problemas e proba de resposta breve manteranse as cualificacións obtidas ao longo do curso, namentres que a cualificación da proba mixta de xullo substituirá á obtida na proba mixta da primeira oportunidade de xaneiro. Os alumnos avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se tivese cuberto na súa totalidade na "primeira oportunidade".

Polo que atinxe aos vindeiros cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluído na avaliación, refírese a un curso académico e, polo tanto, volvería comezar, incluídas tódalas actividades e procedementos de avaliación que sexan programadas para o novo curso.

Para o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a realización das prácticas de laboratorio será obligatoria e será facilitada dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. Por outra banda, facilitaráselles a asistencia ao maior número posible de sesións de solución de problemas; de non poder asistir ás devanditas sesións, o alumno realizará un traballo titorizado. Deste xeito, este alumnado será avaliado mediante as cualificacións obtidas nas prácticas de laboratorio (20%), na proba mixta (65%), na proba de resposta breve (5%) e nas sesión de resolución de problemas (10%). Isto aplicarase a ámbalas dúas oportunidades
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes