Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Analítica 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A7 A15 A20 A21 A22 A24 A25 B2 B4 C1 O traballo do alumno irase evaluando o longo dos seminarios. Terase en conta se é o caso, a resolución de cuestións ou problemas plantexados polo profesor.
10
Prácticas de laboratorio A7 A15 A17 A18 A19 A20 A22 A23 A24 B2 B3 B4 C6 C8 Evaluarase de modo continuado o traballo desenvolto polo alumno no laboratorio: destreza, interpretación dos datos experimentais, a correcta realización dos cálculos e das cuestións plantexadas. Asimesmo entregarase unha memoria final 20
Proba mixta A7 A15 A20 A24 B2 B3 B4 C1 Realizase nas datas oficiais aprobadas polo centro.
Servirá para poder evaluar o grado de aprendizaxe e de adquisición de competencias por parte do alumno. Constará tanto de preguntas teóricas como cuestións aplicadas e resolución de problemas numéricos.
70
 
Observacións avaliación
Para superar a asignatura deben darse os seguintes requisitos básicos:

-As prácticas de laboratorio son obrigatorias.
-Acadar unha calificación final de 5 puntos sobre dez tanto nas prácticas como na proba mixta.
- A calificación obtida en seminario so se sumará no caso de aprobar a proba mixta. Os alumnos que non participasen nalgunha actividade desenvolvida nas sesión de aula ou de seminario, obterán unha calificación de 0 nese apartado (10% da calificación global) nas dúas oportunidades.
As calificación das prácticas de laboratorio e dos seminarios conservaranse para a segunda oportunidade de xullo. Mentras que a calificación da proba mixta da segunda oportunidade sustituirá á obtida na primeira oportunidade.
Na primeira e segunda oportunidade, os alumnos que fixesen as prácticas e a sua calificación fose inferior a 5 puntos, terán a oportunidade de realizar, ademáis da proba mixta, unha proba específica relacionada cas prácticas de laboratorio. A calificación desta proba específica sustituirá a calificación obtida nas prácticas para calcular a calificación global.
O alumno terá a calificación de Non Presentado cando non fagan as prácticas de laboratorio nen a proba mixta.
Os alumnos evaluados na segunda oportunidade sólo poderán optar a matrícula de honra se o número máximo de éstas para o correspondente curso non se esgotou na sua totalidade na primeira oportunidade.
Polo que compre os sucesivos cursos académicos, o proceso de enseñanza-aprendizaxe, incluida a evaluación, abrange un curso académico e polo tanto, volvería a escomenzar con un novo curso, incluidas todas as actividades e procedimentos de evaluación que sexan programadas para dito curso.
Para o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asitencia,ou de modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade, a realización das prácticas de laboratorio será obrigatoria e será facilitada dentro da flexibilidad que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos dispoñibles. Considéranse exentos das sesións maxistrais se ben se lles facilitará a asistencia a o maior número posible de seminarios. De non poder asistir aos seminarios o alumno fará un traballo tutorizado Deste xeito, este alumnado será avaliado mediante as calificacións obtidas nas prácticas de laboratorio (20%), na proba mixta (70%) e nas actividades desenvolvidas nos seminarios (ou traballo tutorizado) (10%). Isto aplicarase a ámbalas dúas oportunidades.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes