Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Analítica Instrumental 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A7 A16 B1 B2 B4 C1 Valorarase a adecuada resolución das propostas de traballo, a participación activa de cada alumno na titoría e a presentación e claridade da discusión de cada actividade.
5
Prácticas de laboratorio A7 A16 A17 A19 A20 A22 A23 A26 B3 B4 B5 C3 C6 Avaliación diaria do traballo do alumno: actitude, orde, atención, corrección no traballo experimental.
Avaliación ao final das prácticas: avaliación do diario de laboratorio (respostas ás cuestión relacionadas coas prácticas).

20
Sesión maxistral A7 A15 A21 A22 A23 A24 B3 C6 C7 Actitude e participación na aula. Asistencia (polo menos ao 70%) ás clases 2
Seminario A15 A16 A20 A21 B1 B2 C7 Actitude e participación na aula. Demostración de que se ten feito o traballo individual antes do seminario. Asistencia (polo menos ao 70%) aos seminarios. Realización de actividades de auto-avaliación que se poideran asignar.
8
Proba mixta A7 A20 A21 A24 B2 C1 Resposta ás cuestións teóricas. Grao de concreción e corrección na resposta.
Realización correcta dos exercicios numéricos. Proceso de cálculo correcto e resultado final exacto.

65
 
Observacións avaliación

A
cualificación global da materia calcularase a partir da contribución das
actividades avaliables: proba mixta (ata un máximo de 6.5 puntos), prácticas de
laboratorio (ata un máximo de 2,0 puntos), traballos tutelados (ata un máximo
de 0,5 puntos) e sesión maxistral e seminarios (ata un máximo de 1 punto). Os
alumnos que non participen nas actividades relacionadas cos seminarios e traballos
tutelados obterán unha cualificación de 0 neste apartado.

A
realización das prácticas de laboratorio é un requisito básico para superar a
materia.

A proba mixta estará composta de dúas partes
correspondentes a dous bloques de contido: Bloque I (técnicas electroanalíticas)
e Bloque II (técnicas cromatográficas, electroforese capilar e análise
enzimática e inmunoquímica). En cada unha das partes haberá que resolver
cuestións teóricas e exercicios numéricos, constituíndo cada unha delas, unha
actividade avaliable. A cualificación da proba mixta será a media das
cualificacións obtidas en ámbalas dúas partes. Para poder compensar algunha das
partes haberá que acadar unha cualificación mínima de 4.5 puntos (sobre 10) nalgunha delas. De non acadar a puntuación mínima nalgunha delas, no caso
de que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10), a materia figurará como
suspensa (4.5).

A cualificación de Non Presentado terana aqueles estudantes que non realizasen a proba mixta. Para superar a materia terán que facerse, e
superarse, as prácticas de laboratorio.

As
cualificacións das prácticas de laboratorio, traballo tutelado e seminarios conservaranse na segunda
oportunidade de xullo. No caso de suspender as prácticas pola baixa calidade do
informe, poderase mellorar a cualificación asociada con preguntas especiais na
segunda oportunidade.

As
cualificacións da proba mixta da segunda oportunidade (xullo) substituirán ás
obtidas na proba mixta da primeira oportunidade (xuño), cos mesmos criterios. 

Os
alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra
se o número máximo destas para o correspondente curso non se ten cuberto na súa
totalidade na primeira oportunidade.

O
alumno con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia será avaliado unicamente mediante as cualificacións obtidas
nas probas obxectivas (70%) e nas prácticas (30%). Isto aplicarase a ámbalas
dúas oportunidades.

Na
convocatoria adiantada de decembro aplicarase a normativa da guía docente
correspondente ao curso 2022-2023.

Na avaliación da materia
aplicarase o establecido no artigo 14, relativo á Comisión de Fraude e
responsabilidades disciplinarias, das Normas de avaliación de graos e mestrados
da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes