Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Analítica Avanzada e Quimiometría
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Química Analítica Avanzada e Quimiometría Código 610G01015
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Lopez Mahia, Purificacion
Correo electrónico
purificacion.lopez.mahia@udc.es
Profesorado
Andrade Garda, Jose Manuel
Lopez Mahia, Purificacion
Muniategui Lorenzo, Soledad
Correo electrónico
jose.manuel.andrade@udc.es
purificacion.lopez.mahia@udc.es
soledad.muniategui@udc.es
Web http://http://campusvirtual.udc.es
Descrición xeral Asignatura que trata sobre a problemática da análise de trazas e as metodoloxías de traballo aplicables. Planificación e execución das distintas etapas do proceso analítico para facer a análise de trazas. Vantaxes da automatización neste tipo de análise. Nesta materia iniciase ao alumno no coñecemento dos fundamentos das principais ferramentas quimiométricas aplicables tanto á calibración, deseño e optimización de experimentos e análise multivariante de datos, tan necesarias no mundo actual para resolver problemas analíticos concretos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se farán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Lecturas Seminarios Proba mixta Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican Prácticas de laboratorio que ao non poder realizarse presencialmente na Facultade sustituiranse pola resolución dun caso práctico plantexado polo profesor a grupos de alumnos; coa entrega dun informe individual por alumno e outro informe grupal. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer seguimento do caso práctico. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade dos alumnos. Dispón de “foros temáticos” para formular as consultas necesarias. – Teams: 1 sesión semanal do grupo grande para o avance dos contidos teóricos e dos seminarios, na franxa horaria asignada á materia. De 1 a 2 sesións semanais (segundo necesidades dos alumnos) en grupo pequeno (< 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización do informe e presentación das lecturas, problemas plantexados nos seminarios e do plantexamento e resolución do caso práctico. 4. Modificacións na avaliación *Observacións de avaliación: - Resolución do caso práctico (que substituyen ás prácticas de laboratorio) coa mesma porcentaxe de calificación. Valorarase a adecuación metodolóxica, o plantexamento, detalle e claridade nos informes; asemade, a discusión crítica final do mesmo en función do problema a resolver. - Mantense o resto de metodoloxías da guía docente, salvo que a proba mixta faríase virtual ou telemáticamente (vía Moodle e/ou Teams), tanto na primeira como na segunda oportunidade. A situación é igual para o alumnado con adicación completa como para o alumnado con recoñecimento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AL ESTUDIO DE LOS ESTUDIANTES DE GRADO EN LA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212). 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo en formato dixital no Moodle. 6. No caso de existiren problemas de aforo nos espazos designados para a realización de actividades presenciais, reservaranse espazos adicionais nos que os alumnos poidan seguir as actividades a través da plataforma TEAMS. No caso das actividades prácticas, os grupos desdobraranse para adaptarse á capacidade do laboratorio.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes