Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Analítica Avanzada e Quimiometría
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas C4 C6 C8 Valorarase o informe detallado das mesmas, no que o estudante debe identificar e xustificar as estratexias seguidas nas mesmas para a resolución dos problemas analíticos.
5
Seminario A15 A16 A20 A21 B2 B3 B4 C3 Valorarase a participación dos estudantes neles, ademáis da resolución das cuestións, casos e/ou problemas plantexados polo profesor. Para algún en concreto realizarase unha breve exposición oral polo estudante.
10
Prácticas de laboratorio A23 A22 A21 A20 A19 A17 A16 A15 A26 B3 B4 B5 Valorarase de xeito continuo, tanto polo traballo experimental (destreza, actitude, orde, atención) como pola memoria entregada. Na proba obxectiva incluiranse algunhas preguntas relacionadas coas prácticas de laboratorio.
15
Proba mixta A14 A15 C2 Realizarase un exame que consistirá en preguntas tipo test de resposta única, preguntas de resposta breve e problemas numéricos relacionados cos contenidos teóricos e prácticos.
70
 
Observacións avaliación

O traballo do estudante será evaluado de forma continua e periódica a
través de asistencia regular ás actividades evaluables, a súa
participación nos traballos de seminario, pola resolución de
cuestións e problemas plantexados polo profesor (que terán que
entregar resoltos no plazo que se indique), polas prácticas de
laboratorio (cuxa realización é obrigatoria) e polos exámenes
escritos realizados. Ao finalizar as prácticas deberán entregar un
informe do procedimento, resultados obtidos e interpretación deles.

Para superar a asignatura é preciso obter, tanto na proba
objextiva como no resto de actividades evaluables, unha nota mínima de 4
(sobre 10) e acadar, sumadas as cualificación de tódalas
actividades evaluables unha nota mínima de 5 (sobre 10).  A asignatura
non será aprobada (incluso no caso de que a suma total supere 5) se a
puntuación dunha das actividades evaluables non acada o 4. Neste caso, a
puntuación final da asignatura será suspenso (4).

O estudante terá a calificación de Non Presentado cando teña feito menos do 25% das actividades académicas programadas, e non
se presente ao exame final.

Na contorna de "evaluación continuada" a "segunda oportunidade de
xullo" enténdese como unha segunda oportunidade de realización da
proba mixta. Xa que logo, para as prácticas, seminarios, lecturas e
traballos tutelados,  manteranse as cualificacións obtidas ao
longo do curso, mentres que a cualificación da proba obxectiva
da segunda oportunidade substituirá á obtida na primeira
oportunidade.

Os alunos evaluados na segunda oportunidade só poderán optar a
matrícula de honra se o número máximo déstas para o correspondiente
curso non se ten cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade.

No que atingue aos sucesivos cursos académicos, o proceso
de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso
académico e, xa que logo, voltaría a comezar cun novo curso,
incluídas tódalas actividades e procedimentos de avaliación que sexan
programadas para o devandito curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes