Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Analítica Avanzada e Quimiometría
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas C4 C6 C8 Valorarase o informe detallado das mesmas, no que o estudante debe identificar e xustificar as estratexias seguidas nas mesmas para a resolución dos problemas analíticos.
5
Seminario A15 A16 A20 A21 B2 B3 B4 C3 Valorarase a participación dos estudantes neles, ademáis da resolución das cuestións, casos e/ou problemas plantexados polo profesor. 10
Prácticas de laboratorio A15 A16 A17 A19 A20 A21 A22 A23 A26 B3 B4 B5 Valorarase tanto polo traballo experimental (destreza, actitude, orde, atención, interpretación dos resultados obtidos) como pola elaboración do diario de laboratorio.
15
Proba mixta A14 A15 C2 Realizarase un exame que consistirá en preguntas tipo test de resposta única, preguntas de resposta breve e problemas numéricos relacionados cos contenidos teóricos. Na proba obxectiva incluiranse algunhas preguntas relacionadas coas prácticas de laboratorio.
70
 
Observacións avaliación

O traballo do alumno será avaliado de forma continua a través da asistencia ás actividades avaliables, a súa participación nos traballos de seminario, a resolución de cuestións e problemas numéricos, informe das lecturas, prácticas de laboratorio e pola proba mixta. 

A realización das prácticas é obrigatoria e a súa non realización impide a superación da materia.

Para superar a materia é preciso obter, tanto na proba mixta como no resto de actividades avaliables, unha nota mínima de 4 (sobre 10) e alcanzar, sumadas as cualificacións de todas as actividades avaliables unha nota mínima de 5 (sobre 10).  A materia non  será aprobada (mesmo no caso de que a suma total supere 5) se a puntuación dunha das actividades avaliables non alcanza o 4; neste caso a puntuación final da materia será suspenso (4,5).

A proba mixta consistirá en dúas partes: cuestións teóricas e exercicios numéricos, cada unha das cales deberá ser superada. 

O alumno obterá a cualificación de Non Presentado cando non realice nin as prácticas de laboratorio nin a proba mixta.

No contexto de "avaliación continuada" a "segunda oportunidade" enténdese como unha segunda oportunidade de realización da proba mixta. Por tanto, para as prácticas, seminarios, lecturas,  manteranse as cualificacións obtidas ao longo do curso, mentres que a cualificación da proba mixta da segunda oportunidade substituirá á obtida na primeira oportunidade.

Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriron na súa totalidade na primeira oportunidade.

Polo que se refire aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, *incluída a avaliación, refírese a un curso académico e, por tanto, volvería comezar cun novo curso, *incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que sexan programadas para o devandito curso.

O alumno con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será avaliado unicamente mediante as cualificacións obtidas na proba mixta (80%), lecturas (5%) e nas prácticas (15%). A realización das prácticas facilitarase dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. Isto aplica a ambas as oportunidades.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes