Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Analítica Avanzada e Quimiometría
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas C4 C6 C8 Valorarase o informe detallado das mesmas, no que o estudante debe identificar e xustificar as estratexias seguidas nas mesmas para a resolución dos problemas analíticos.
5
Seminario A15 A16 A20 A21 B2 B3 B4 C3 Valorarase a participación dos estudantes neles, ademáis da resolución das cuestións, casos e/ou problemas plantexados polo profesor. 10
Prácticas de laboratorio A15 A16 A17 A19 A20 A21 A22 A23 A26 B3 B4 B5 Valorarase tanto polo traballo experimental (destreza, actitude, orde, atención, interpretación dos resultados obtidos) como pola elaboración do diario de laboratorio.
15
Proba mixta A14 A15 C2 Realizarase un exame que consistirá en preguntas tipo test de resposta única, preguntas de resposta breve e problemas numéricos relacionados cos contenidos teóricos. Na proba obxectiva incluiranse algunhas preguntas relacionadas coas prácticas de laboratorio.
70
 
Observacións avaliación

O
traballo do alumno será avaliado de forma continua a través da asistencia ás
actividades avaliables, a súa participación nos traballos de seminario, a
resolución de cuestións e problemas numéricos, informe das lecturas, prácticas
de laboratorio e pola proba mixta. 

A realización das prácticas é
obrigatoria e a súa non realización impide a superación da materia.

A
proba mixta consistirá en dúas partes: cuestións teóricas e exercicios
numéricos, cada unha das cales deberá ser superada. No caso de superar algunha
das partes na primera oportunidade, ésta NON se conservará na segunda oportunidad.

PRIMEIRA
OPORTUNIDADE

Para superar a materia é preciso obter na proba mixta unha nota
mínima de 5 (sobre 10) e no resto de actividades avaliables unha nota mínima de
4 (sobre 10) e alcanzar, ponderadas e sumadas as cualificacións de todas as
actividades avaliables unha nota mínima de 5 (sobre 10). A materia non será
aprobada (mesmo no caso de que a suma total supere 5) se a puntuación dunha das
actividades avaliables non alcanza o 4 e neste caso, a puntuación final da
materia será suspenso (4,5).

O
alumno obterá a cualificación de Non Presentado cando non realice nin as
prácticas de laboratorio nin a proba mixta.

SEGUNDA
OPORTUNIDADE

Na segunda oportunidade realizarse a proba mixta cuxa
calificación substituirá á obtida na primeira oportunidade manténdose as
calificacións das prácticas, seminarios e lecturas obtidas na primeira
oportunidade. Para superar a materia nesta convocatoria é preciso obter na
proba mixta unha nota mínima de 5 (sobre 10) e alcanzar, ponderadas e sumadas
as cualificacións de todas as actividades avaliables unha nota mínima de 5
(sobre 10).

Os
alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a matrícula de honra
se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriron na súa
totalidade na primeira oportunidade.

DEDICACIÓN
A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA

O alumno con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia será avaliado unicamente mediante
as cualificacións obtidas na proba mixta (80%), lecturas (5%) e nas prácticas
(15%). A realización das prácticas facilitarase dentro da flexibilidade que
permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. Isto
aplica a ambas as oportunidades.

SUCESIVOS CURSOS ACADÉMICOS

Polo que se refire aos sucesivos cursos académicos, o proceso de
ensino-aprendizaxe, *incluída a avaliación, refírese a un curso académico e,
por tanto, volvería comezar cun novo curso, *incluídas todas as actividades e
procedementos de avaliación que sexan programadas para o devandito curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes