O
traballo do alumno será avaliado de forma continua a través da asistencia ás
actividades avaliables, a súa participación nos seminarios, a
resolución de cuestións e problemas numéricos, informe das lecturas, prácticas
de laboratorio e pola proba mixta.
A realización das prácticas é
obrigatoria e a súa non realización impide a superación da materia.
A
proba mixta consistirá en dúas partes: cuestións teóricas e exercicios
numéricos, cada unha delas deberá ser superada. No caso de superar algunha
das partes na primera oportunidade, ésta NON se conservará na segunda oportunidade.
PRIMEIRA
OPORTUNIDADE: Para superar a materia é preciso obter tanto na proba mixta coma nas prácticas de laboratorio unha nota
mínima de 5 (sobre 10). A cualificación final da materia non será inferior á nota da proba mixta nin á cualificación resultante de ponderar co resto de actividades avaliables.
O
alumno obterá a cualificación de Non Presentado cando non realice nin as
prácticas de laboratorio nin a proba mixta.
SEGUNDA
OPORTUNIDADE: Na segunda oportunidade realizarase a proba mixta cuxa
cualificación substituirá á obtida na primeira oportunidade manténdose as
calificacións das prácticas, seminarios e lecturas obtidas na primeira
oportunidade. A cualificación final da materia non será inferior á nota da proba mixta nin á calificación resultante de ponderar o resto de actividades avaliables. Os
alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a matrícula de honra
se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriron na súa
totalidade na primeira oportunidade.
CONVOCATORIA ADIANTADA: Manteranse as cualificacións das actividades evaluables do curso anterior pero a calificación final obterase tendo en conta as porcentaxes do curso actual.
ESTUDANTES CON RECOÑECEMENTO DE ADICACIÓN
A TEMPO PARCIAL:Aplícanse os mesmos criterios de avaliación indicados anteriormente.
ESTUDANTES CON DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA (de acordo coa normativa da UDC): O alumno con dispensa académica de exención de asistencia será avaliado segundo os mesmos criterios de avaliación indicados anteriormente (salvo na parte de Seminarios onde se terá en conta soamente a resolución de cuéstiones/problemas expostos polo profesor). A realización das prácticas facilitarase dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. Isto aplica a ambas as oportunidades.
Na avaliación da materia aplicarase todo o establecido no artigo 14, relativo á Comisión de Fraude e responsabilidades disciplinarias, das Normas de avaliación de graos e másteres da UDC.