Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Física 1
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explicacións orais complementadas co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de desenvolver os contidos básicos da materia e facilitar a súa aprendizaxe.
Seminario Actividade a desenvolver en grupos reducidos.
Estudo intensivo dos contidos desenvolvidos nas sesións maxistrais.
Discútense e resolvense cuestións e problemas relacionados cos contidos das materia, con apoio e supervisión directa do profesor.
Previamente á sesión presencial, a través da plataforma virtual, indícanse as actividades a realizar antes e durante cada sesión.

Prácticas de laboratorio Actividade práctica a desenvolver en grupos reducidos nos laboratorios de informática.
Propóñense e resolvense cuantitativa ou cualitativamente problemas relacionados cos contidos da Química Cuántica. Empréganse programas informáticos de uso habitual en cálculos científicos.
A través da plataforma virtual da materia comunícanse datas, horarios e composición dos grupos prácticos.

Traballos tutelados Actividades non presenciais a realizar en grupo (2-3 persoas).
O alumnado deberá realizar dúas actividades relacionadas con algúns dos contidos do programa.
As actividades serán propostas polos profesores a través da plataforma virtual; os alumnos deben realizalas en grupo dentro do prazo establecido previamente; o resultado final debe entregarse por escrito e, posteriormente, debe presentarse oralmente ao profesor nunha titoría presencial.
Estas actividades pretenden promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor.

Proba obxectiva Proba escrita curta realizada no horario de clase a mediados do cuadrimestre.
A proba poderá combinar preguntas de resposta múltiple ou de resposta breve.
Avalíase a aprendizaxe asociada aos contidos iniciais desenvolvidos na materia: os fundamentos básicos de Química Cuántica e a súa aplicación a sistemas sinxelos.
Nunha sesión presencial posterior, resólvense e discuten as solucións correctas da proba, de modo que o alumno recibe retroalimentación de como está a ser o seu aproveitamento do curso.
Proba mixta Proba escrita final que combina preguntas de resposta múltiple ou de resposta breve con preguntas de resolución de problemas.
Avalíase a aprendizaxe asociada a todos os contidos desenvolvidos na materia.
Realízase nas datas aprobadas pola Xunta de Facultade do Centro.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes