Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Física 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A8 A14 Avalíase a aprendizaxe asociada aos contidos iniciais desenvolvidos na materia: os fundamentos básicos de Química Cuántica e a súa aplicación a sistemas sinxelos.
A proba poderá combinar preguntas de resposta múltiple ou de resposta breve.
7.5
Proba mixta A1 A8 A12 A14 A15 A21 B2 B3 Avalíase a aprendizaxe asociada a todos os contidos desenvolvidos na materia.
Proba con dúas partes diferenciadas, unha que inclúe preguntas de resposta múltiple ou de resposta breve (50%) e outra de desenvolvemento e resolución de problemas (50%).

70
Prácticas de laboratorio A1 A8 A21 C1 C3 Avalíase a capacidade para resolver unha serie de problemas prácticos propostos, relacionados cos contidos de Química Cuántica, empregando programas informáticos de uso habitual en cálculos científicos.
Avalíase tamén a presentación final escrita dos resultados obtidos.
10
Traballos tutelados A1 A8 A16 B2 B3 B5 C1 C3 Avalíase a resolución das actividades non presenciais propostas e a participación activa na tutoría presencial. 5
Proba obxectiva A1 A8 A14 Avalíase a aprendizaxe asociada aos contidos relacionados coa aplicación da Química Cuántica a átomos e moléculas.
A proba poderá combinar preguntas de resposta múltiple ou de resposta breve.
7.5
 
Observacións avaliación

Requisitos para aprobar a materia:

- É requisito imprescindible realizar as prácticas para poder aprobar a materia.

- Para poder realizar as prácticas da materia é necesario a asistencia regular ás clases maxistrais.

- Para que se teñan en conta todas as actividades que contribúen á avaliación será preciso obter unha cualificación mínima de 2.0 (sobre 5) en cada unha das partes diferenciadas da proba mixta final e unha cualificación mínima de 4.5 (sobre un máximo de 10).

- Considerarase aprobada a materia cando a cualificación final sexa igual ou superior a 5 (sobre un máximo de 10) e se alcanzara a cualificación mínima na proba mixta final.

- De non ter alcanzado a cualificación mínima na proba mixta final a materia figurará como suspensa, aínda que a media das calificaciónes obtidas nas distintas metodoloxías sexa superior a 5 (sobre un máximo de 10), en cuxo caso a cualificación final outorgada será de 4.5.

Cualificación "non presentado":

- A cualificación de non presentado terana aqueles alumnos que non realizaren as prácticas nin a proba mixta final.

Segunda oportunidade:

- A segunda oportunidade de xullo enténdese como unha segunda oportunidade de realización da proba mixta final. Consecuentemente, mantéñenseas cualificacións das prácticas de laboratorio, das probas obxectivas e dos traballos tutelados obtidas ao longo do curso, mentres que a cualificación da proba mixta da segunda oportunidade substituirá a obtida na proba mixta da primeira oportunidade.

-Os alumnos que sexan avaliados na chamada "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo de estas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na"primeira oportunidade".

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (de acordo coa normativa da UDC):

Aplícanse os mesmos criterios de avaliación indicados anteriormente, mais están exentos da asistencia regular as clases maxistrales en aula e da realización dos traballos tutelados e as probas obxectivas.

A asistencia ás prácticas é obrigatoria para poder superar a materia. Facilitarase, na medida do posible, a elección do grupo de prácticas co gallo de adaptar as datas á dispoñibilidade do estudante.

A cualificación final será a suma do 10% da cualificación obtida nas prácticas e o 90% da calificación obtida na proba mixta. Estas porcentaxes de cualificación aplicaranse ás dúas oportunidades.

A cualificación de "non presentado" terana aqueles alumnos que non realizaren a proba mixta final.

Sucesivos cursos académicos:

- O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refíresea un curso académico e, polo tanto, volta a comezar cun novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que se programen para odevandito curso.

Datas proba mixta final:

- As probas mixtas finais correspondentes ás dúas oportunidades realizaranse nas datas oficiais aprobadas pola Xunta de Facultadedo Centro.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes