Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Física 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A1 A7 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 B1 B2 B3 C3 C6 Análise crítico dos resultados obtidos nas simulacións.
10
Proba de resposta múltiple A1 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 A27 B1 B2 B3 B5 B7 C1 C2 C3 C7 C8 Conxunto de probas ON-LINE, a realizar nos prazos sinalados.
10
Presentación oral A1 A7 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 A27 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C6 C7 C8 Calidade da información contida na presentación.
Habilidades amosadas na presentación.
Capacidade para defende-lo traballo presentado.
10
Prácticas a través de TIC A1 A16 A27 B5 B7 C3 C6 Utilización de TIC nas actividades propostas on-line, a realizar nos prazos sinalados.
5
Seminario A1 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 A27 B1 B2 B3 B5 B7 C1 C2 C6 C7 C8 Asistencia e participación activa nos seminarios.
10
Prácticas de laboratorio A1 A7 A9 A12 A14 A15 A16 A19 A20 A21 A23 A24 A26 A27 B1 B2 B3 B5 B7 C6 A avaliación inclue:
* Aspectos operacionais (desenvolvemento no laboratorio e confección da correspondente libreta) (5%)
* Informe final das prácticas de laboratorio (o que inclúe a análise crítica dos resultados) (10%)
15
Proba mixta A1 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 B1 B2 B3 B5 B7 C1 C2 C3 C6 C7 C8 Examen final con dúas partes, unha de corte teórico (50%) que inclúe preguntas tipo test, de resposta breve e/ou de ensaio, e outra de solución de problemas (50%) na que se avaliará a habilidade na aplicación dos contidos teóricos para a resolución de problemas numéricos.
40
 
Observacións avaliación

Globalmente trátase de avaliar a adquisición dos coñecementos, a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración, de aplicación e de orixinalidade d@ estudante.

A asistencia á totalidade das prácticas de laboratorio e obrigatoria. A non asistencia implica el suspenso (0) en la asignatura.

Primeira oportunidade: para que se teñan en conta as outras actividades suxeitas a avaliación é preciso obter unha cualificación mínima de catro con cinco (4.5) sobre dez (10) en cada unha das dúas partes da proba mixta e nas prácticas de laboratorio.

Segunda oportunidade: repetición da proba mixta e das actividades presenciais suxeitas a avaliación nas que non se acadou o aprobado (non se inclúe o relativo os seminarios nin as sesións presenciais de laboratorio). Igual que na primeira oportunidade é preciso obter unha cualificación mínima de catro con cinco (4.5) sobre dez (10), nas dúas partes da proba mixta, para considerar as outras actividades suxeitas a avaliación, e así establecer a cualificación final.

É importante ter presente que en ambas oportunidades para que se teñan en conta as cualificacións do resto de actividades suxeitas a avaliación é preciso obte-la calificación mínima de 4.5 en cada una delas. De non alcanzarse dita puntuación mínima nalguna delas, e no caso de que la media ponderada sexa superior o igual a 5 (sobre 10), a asignatura figurará como suspensa coa cualificación de 4.5 sobre 10.

No caso de cualificacións inferiores a 4.5 nas actividades avaliables distintas da proba mixta, ou 4.5 nas actividades avaliables relacionadas coas prácticas de laboratorio (excluida a parte de presencialidade), oportunamente establecerase a data e o procedemento para reenviar/entregar as devanditas actividades. 

Debe quedar claramente establecido que a obtención de unha cualificación superior a 4.5 sobre 10, en cada unha das dúas partes da proba mixta e nas prácticas de laboratorio, non implica o aprobado automático na asignatura. A cualificación final calcúlase de acordo coas porcentaxes anteriormente establecidas.

No caso de que haxa varios estudantes, coa mesma cualificación, que poidan optar á matrícula de honra, se lles convocará a unha proba escrita sempre e cando o número de matrículas sexa inferior o de estudantes na devandita situación. Compre sinalar que @s estudantes avaliados na segunda oportunidade poderán optar á matrícula de honra se o número máximo de éstas non se ten cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade.   

A cualificación de non presentado aplicarase os/as estudiantes que teñan participado en actividades avaliables programadas que representen menos do 20% da cualificación final.

Caso de empregarse esta asignatura como complemento de formación para estudos de doutoramento, a cualificación será "apto" ou "non apto".

Polo que atinxe o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia son de aplicación, para ámbalas dúas oportunidades, os criterios anteriores agás a asistencia e participación nos seminarios. Neste caso disporán das actividades a realizar nos seminarios, que deberán entregar/enviar segundo se indique no MOODLE ou polo medio telemático que oportunamente se estableza.

Finalmente, polo que atinxe a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto volta a comenzar de cero co novo curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes