Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Experimentación en Química Física
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A17 A18 A19 A22 C1 Avaliación continua do traballo realizado polo alumno no laboratorio, considerando as destrezas e conecementos adquiridos.
As respostas ás cuestións plantexadas durante a realización da práctica e a obtención e elaboración dos datos experimentais, conxuntamente co informe de prácticas, constituirán o 50% da nota final.
50
Proba mixta A1 A5 A14 A20 A21 B2 B3 C3 Proba escrita para avaliar os contidos traballados na asignatura.
Realízase unha vez finalizado o periodo de prácticas. Constitúe o 50% da nota final.
Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 3,5 puntos sobre 10 na proba escrita.
50
Traballos tutelados A1 A14 A16 A20 B3 B4 B5 C1 C3 Informe das prácticas realizadas que ten que conter os fundamentos teóricos, a análise dos resultados experimentais e a resposta a unha serie de cuestións plantexadas. Informe que debe redactarse seguindo as pautas dun informe científico.
O informe das prácticas conxuntamente coa avaliación continua do traballo no laboratorio constituen o 50% da nota final.
0
 
Observacións avaliación

A asistencia a todos os seminarios e prácticas é indispensable para que o alumno poida superar a asignatura.

Na primeira oportunidade, a avaliación continua do traballo realizado polo alumno no laboratorio, considerando as destrezas e coñecementos adquiridos, as respostas ás cuestións durante a realización e a elaboración dos datos experimentais, xunto co informe de prácticas constituirán o 50% da nota final. Unha prueba escrita constituirá o outro 50%.

A asignatura considerarase aprobada cando a media das notas
obtidas nas distintas actividades suxeitas a avaliación alcance un valor mínimo de 5 puntos,
sobre un máximo de 10 puntos. Para poder superar a asignatura é necesario obter unha cualificación mínima de 3,5 puntos sobre 10 na proba escrita. De non
alcanzarse dita puntuación mínima, a asignatura figurará como suspensa (4.5) no caso de que a media resultante sexa igual ou superior a 5 (sobre 10).

A cualificación final do alumno poderá verse modificada ao alza ata un máximo de 1 punto pola avaliación da evolución global da progresión do alumno.

A cualificación de non presentado só a terán aqueles alumnos que non realicen ningunha sesión de prácticas no laboratorio.

Os alumnos que sexan avaliados na chamada “segunda oportunidade” só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriran na súa totalidade na “primeira oportunidade”

En caso de máis candidatos a matrícula que as dispoñibles
poderase realizar un exame adicional para decidir a asignación das mesmas.

Na segunda oportunidade, os alumnos que teñan superado as prácticas de laboratorio terán que realizar un examen na aula que suporá o 100% da cualificación.  Os alumnos que non teñan superado as prácticas de laboratorio terán que realizar un exame práctico no laboratorio.

A proba mixta de cada oportunidade realizarase nas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes