Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Física Avanzada
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas clases de exposición serán introducidos os conceptos, modelos, métodos e teorías dos contidos fundamentais do programa do curso.
Seminario Contemplase coma unha actividade de docencia interactiva.
Algúns conceptos serán enfatizados mediante o desenvolvemento detallado de exercicios estándar e resolveranse as dúbidas plantexadas polo alumno.
Prácticas de laboratorio Realízanse experiencias relacionadas cos conceptos abordados no curso. Consta de dúas fases:
A primeira inclúe a comprensión do/s experimento/s que se levará/n a cabo no laboratorio e dos conceptos teóricos e técnicas relacionadas, para logo comenzar co desenvolvemento do traballo experimental: planificación do experimento, a súa execución e análise dos resultados obtidos.
A segunda consiste na elaboración do Informe de resultados, que se avaliará tendo en conta a súa presentación, xustificación metodolóxica e interpretación, así como o comparación cos datos bibliográficos.
Proba mixta Resolución de cuestións de teoría e exercicios relacionados cos temas abordados nas clases expositivas, nas prácticas de laboratorio ou seminarios. O alumno debe demostrar de forma independente e nun intervalo de tempo predefinido, o coñecemento adquirido e a capacidade de resolver ejercicios e/ou cuestións conceptuais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes