Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Física Avanzada
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A25 A27 B3 • A participación do alumno durante o desenvolvemento desta actividade, facendo preguntas que axudan a aclarar conceptos ou plantexando enfoques alternativas é incentivada. Outras veces será o prefesor quen plantexe cuestións relacionadas ca materia.

0
Seminario A27 B1 C6 • As sesións de seminario basearanse no traballo do alumno, que encontrará nesta actividade o marco axeitado para expoñer o súa maneira de entender a asignatura. Fortalecen e establecen os conceptos teóricos desenvolvidos nas distintas disciplinas. Serven para o debate sobre as metodoloxías e procedementos aplicados en cada caso.
• A avaliación desta actividade será baseada no traballo persoal nas sesións de seminario.
20
Prácticas de laboratorio A19 A20 A22 A23 A27 B1 B4 C3 • Reflicten a destreza e capacidade do alumno na planificación, deseño e desenvolvemento de experimentos sinxelos.
• Ensaio de distintas técnicas para caracterizar os diferentes sistemas ou procesos no seguimento dunha reacción química.
•Tratamento cuantitativo dos resultados experimentais según os modelos introducidos e explicación dos mesmos en base a modelos teóricos.
• A entrega dun informe de laboratorio que reflicta os conceptos anteriores é necesaria.
• Na avaliación desta actividade é tido en conta o traballo de laboratorio, os resultados obtidos eo informe preparado.
25
Proba mixta A1 A3 A4 A10 A14 A20 • A realización da proba escrita consta de cuestións teóricas e prácticas derivadas dos contidos teóricos do curso, dos seminarios e das prácticas.
• Para aprobar a asignatura é necesario superar cada unha das partes. A puntuación obtida dunha actividade superada, manterase nas seguintes convocatorias do curso.
• En caso de non aprobar a asignatura, a calificación que figura na Acta, será a media das actividades non-superadas.
• A clasificación máxima posible non depende da convocatoria en que se supere a asignatura.
• O alumno obterá a cualificación de Non Presentado cando non se presentase exame oficial (Programación da Facultade)
55
 
Observacións avaliación
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes