Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Inorgánica 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 A24 B2 B3 B4 C1 Proba escrita que se levará a cabo, ao final do semestre, no horario aprobado en Xunta de Facultade. 90
Prácticas de laboratorio A1 A3 A17 A18 A20 A21 A22 A24 A26 C1 Avalíase o traballo no laboratorio dende os puntos de vista de organización e seguridade, coñecemento do material e técnica do seu emprego, habilidade manual, coecemento das operacións básicas de laboratorio e, especialmente, a capacidade para comprender os procesos levados a cabo á luz da preparación previa.
Tamén se avaliará a elaboración do Caderno de Laboratorio.
10
 
Observacións avaliación

Tendo en conta os criterios mencionados, cualificarase cada metodoloxía segundo as seguintes puntuacións

  • Cualificación obtida nas Prácticas de laboratorio: ata un máximo de 1 puntos.  
     
  • Cualificación obtida na Proba mixta: ata un máximo de 9 puntos
  •  Os alumnos en réxime de estudos con dispensa académica por traballo ou por outros motivos xustificados seguirán o mesmo sistema de cualificación, se teñan algún tipo de dificultade deberán facer uso das tutorías para solventalo.

A cualificación final será a suma das anteriores. 

 Para aprobar a materia, en ambas oportunidades, será necesario alcanzar un mínimo de 5 puntos en total, debendo cumprirse ao mesmo tempo a condición de ter obtido un mínimo dun 40% da cualificación das Prácticas de laboratorio e un mínimo dun 45% da cualificación da Proba mixta. En caso de que o alumno non alcanzase a devandita puntuación mínima para cada unha delas, aínda no caso de que puntuación total sexa superior ou igual a 5 (sobre 10) a materia figurará na acta como suspensa (4,5). Ademais, para aprobar a materia será obrigatorio ter asistido a todas as clases de laboratorio, incluidos os alumnos en réxime de estudos a tempo parcial, para os cales, na medida do posible, tratarase de axeitar o horario ás suas necesidades.

Para os alumnos que cumplan os requisitos antes citados,  e cunha participación nas clases de seminario superior ó 80% poderase correxir a o alza as sua cualificación final ate un máximo de un punto, en base á sua participacion activa nas clases de resolución de problemas e elaboración de traballos suxeridos nas clases de teoría.



Obterán a cualificación de Non Presentado, os alumnos que non realicen a proba mixta (Exame final)

As cualificacións das Prácticas de laboratorio conservaranse na "segunda oportunidade de xullo". En canto á cualificación da proba mixta de Xullo, esta substituirá a obtida en "a primeira oportunidade". Para a segunda oportunidade aqueles alumnos que suspendesen as prácticas de laboratorio poderán completar a libreta de laboratorio nos aspectos referentes a preparación previa, realización de cálculos, cálculo de rendemento e análise dos resultados para mellorar a súa cualificación. Non son modificables a cualificación do diario de laboratorio nin o referente ao traballo no laboratorio. 

 Os alumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso, de acordo coa normativa académica, non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidade".

O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico e polo tanto volvería comeza de novo cada curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación programados para o devandito curso. Atendendo as necesidades de laboratorio o coordinador da asignatura poderá propoñer aos alumnos que superasen as practicas no curso anterior cunha cualificación superior a que se estableza que, si o desexan, poderán manter a cualificación de prácticas quedando exentos da súa realización, estos alumnos poderán optar en todo caso por realizar de novo das prácticas.

No caso de detectarse a comisión de fraude nas probas ou actidades
de avaliación por parte de calquera alumno  aplicarase o establecido
no artigo 14 das normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacions dos estudos de Grao y Mestrado Universitario, ou a norma que lo sustitúa e implicará directamente a cualificación de
suspenso '0' na materia na oportunidad correspondente.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes