Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Inorgánica 2
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Ao comezo das actividades, presentarase a materia, comentando, entre outros aspectos, a metodoloxía de traballo e os criterios que se utilizarán na avaliación do alumno.
Sesión maxistral Actividade presencial na que se presentan os aspectos máis destacados do programa. Con todo, a pesar de ser clases expositivas, requirirase nelas a participación do alumnado. É desexable que o alumno, con anterioridade ao desenvolvemento de cada clase, teña lido na bibliografía aconsellada as partes relacionadas co tema a tratar.
Solución de problemas Clases en grupos reducidos ou moi reducidos, que están concibidas coma un conxunto de actividades nas que o alumno debe participar activamente. Estarán adicadas á resolución dos boletíns de cuestións e problemas que previamente lles foran entregados. Nestas clases os alumnos discutirán ante seus compañeiros as respostas as distintas cuestións e se establecerá un debate. Durante algunhas destas clases realizaranse tamén, probas intermedias de respostas curtas ou de tipo test, que axudarán, ao alumno e ao profesor a comprobar se se comprenderon os temas tratados en clases anteriores.
Traballos tutelados Previamente ás prácticas de laboratorio o alumno terá que levar a cabo, un estudo inicial que deberá recoller tanto aspectos preparativos como teóricos asociados aos experimentos a realizar, aplicando os seus coñecementos e apoiándose en todo momento na revisión bibliográfica dos textos propostos. Antes de comezar as prácticas de laboratorio, terá que superar unha entrevista co profesor responsable na que presentará os resultados e conclusións do seu traballo autónomo previo, co fin de determinar se o grao de coñecementos adquirido é suficiente como para que poida proceder a realizar con seguridade e aproveitamento o traballo experimental.
Prácticas de laboratorio Centrarase na síntese e illamento de substancias inorgánicas. O desenvolvemento dos experimentos en sí debe deixar patente unha actitude responsable por parte do alumno no tocante ás normas de seguridade, así como á rigorosidade e a eficiencia características do método científico. O alumno debe de elaborar un caderno de laboratorio que constará de tres partes: resumo da preparación teórica previa (realizada durante os traballos tutelados), descrición detallada da execución e desenvolvemento do experimento (diario de laboratorio), e un comentario final sobre os resultados obtidos e as conclusións que se poden extraer deles.
Proba mixta Proba escrita que constará dunha serie de cuestións de diferente natureza:
- de desenvolvemento medio-longo dun tema ou dunha parte do mesmo.
- de desenvolvemento curto sobre aspectos puntuais.
- de resolución de problemas, tanto numéricos como de aplicación lóxica dos coñecementos adquiridos.
- de elección entre respostas múltiples.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes