Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Inorgánica 3
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na clase maxistral introduciranse os contidos dos correspondentes temas, destacando os seus aspectos máis importantes e deténdose particularmente naqueles conceptos fundamentais e/ou de máis difícil comprensión para o alumno.
Obradoiro Actividade formativa de carácter eminentemente práctico cuxo obxectivo é incidir en aspectos da materia de difícil comprensión.
Solución de problemas As clases de solución de problemas estarán dedicadas á resolución de problemas e cuestións que se propuxeron con antelación ao alumno a fin de que este poida traballar sobre eles antes da correspondente sesión presencial.
Proba mixta Proba de conxunto que se realizará no calendario acordado pola Xunta de Facultade. O seu obxectivo é contribuir á avaliación do nivel de coñecementos e competencias acadados polo alumno e a capacidade deste para relacionalos e para obter unha visión de conxunto da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes