Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Inorgánica 3
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na clase maxistral introduciranse os contidos dos correspondentes temas, destacando os seus aspectos máis importantes e deténdose particularmente naqueles conceptos fundamentais e/ou de máis difícil comprensión para o alumnado.
Obradoiro Actividade formativa de carácter eminentemente práctico deseñada co obxectivo de incidir naqueles aspectos da materia de máis difícil comprensión.
Solución de problemas Estas sesións estarán adicadas á resolución de problemas e cuestións dentro dunha metodoloxía expositiva da que o alumnado é o protagonista. Estes problemas facilitaranse secuenciados no tempo de acordo cos contidos tratados nas sesións maxistrais, e poranse á disposición do alumnado coa suficiente antelación para que poidan traballar sobre eles antes da correspondente sesión presencial.
Proba mixta As proba de conxunto que se realizarán no calendario acordado pola Xunta de Facultade. O seu obxectivo é o de obter unha avaliación do nivel de coñecementos e competencias acadados polo alumno, así como para avaliar a capacidade deste para relacionalos e para obter unha visión de conxunto da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes