Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Inorgánica 3
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A3 B2 B3 B4 B7 C1 C2 Consistirá nunha proba de conxunto que se celebrará ao final do cuadrimestre. Constará tanto de preguntas de desenvolvemento, como de preguntas tipo test e problemas que serán similares aos expostos ao longo do curso. 70
Solución de problemas A3 A4 A15 A24 B1 B2 B3 B4 C1 C2 C6 C7 Cualificaranse tanto as respostas do alumnado como a súa participación individual ou de grupo nas correspondentes actividades presenciais. Ocasionalmente, e a requirimento do profesor, o alumno deberá entregar os boletíns de problemas que tamén poderán ser avaliados.
Este 30% engloba a cualificación de SOLUCION DE PROBLEMAS e de OBRADOIROS.
30
Obradoiro A5 A6 A8 A9 A10 A14 A16 B5 C2 Teranse en conta non so aspectos asociados ás actividades realizadas nos mesmos, senon tamén o nivel de participación e de coñecementos demostrado polo alumnado.
A avaliación de OBRADORIOS e de SOLUCIÓN DE PROBLEMAS farase de maneira conxunta.
0
 
Observacións avaliación

A cualificación será a suma das seguintes contribucións:



- Proba mixta, ata un máximo 7 puntos.



- Clases de "Solución de problemas" + "Obradoiros", ata un máximo de 3 puntos.



Para superar a materia será necesario acadar polo menos 5 puntos entre todas as contribucións anteriores, coa restrición de que na proba mixta é necesario obter un mínimo de 2.8 (sobre un máximo de 7). Se o alumno non alcanza esta nota mínima, a cualificación final será a obtida na proba mixta, é dicir, non se terá en conta a nota de clases de solución de problemas e talleres.



Dado que a cualificación baséase no modelo de avaliación continua, valorarase especificamente a progresión do alumno ao longo de todo o cuadrimestre cun máximo de 1 punto que se poderá sumar á cualificación final sempre que se teña superado o mínimo na proba mixta.



De acordo con esta metodoloxía de avaliación, considerarase que o alumno se presentou á avaliación se participou activamente en calquera das actividades de xeito que o grao de participación no seu conxunto supoña máis do 20% da cualificación da materia.



Dentro do mesmo contexto de "avaliación continua" e de acordo co contido do escrito "Probas de Avaliación e Actas de Cualificación de Grao e Mestrado", a chamada "segunda oportunidade de xullo" enténdese exclusivamente como unha segunda oportunidade de realización da proba mixta. Por tanto, na devandita oportunidade realizarase de novo a proba mixta e á cualificación obtida nesta sumaranse as obtidas durante o curso nas outras actividades (clases de solución de problemas e talleres). As porcentaxes serán as mesmas que na "primeira oportunidade". As matrículas de honra (M.H.) outorgaranse prioritariamente aos alumnos que aprobaran a materia na primeira oportunidade, e só se outorgarán na chamada "segunda oportunidade" se o número máximo daquelas non se cubriu na súa totalidade na primeira.



Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación obtida nas actividades asociadas ao sistema personalizado de titorías (entrega de boletíns, resultados obtidos nos test e nas titorías de avaliación...) configurarán ata un máximo de 3 puntos na cualificación final, o resto (ata un máximo de 7 puntos) corresponderá á nota obtida polo alumnado na proba mixta. A porcentaxe de dispensa asociado ás titorías de avaliación determinarase en función do número de talleres de resolución de problemas e obradoiros que deban ser avaliados mediante esta metodoloxía. Unha vez coñecido o seu número, este ponderarase sobre o total dos mesmos e prefixarase o número de titorías nas que ese alumnado deberá participar (cada dúas sesións de taller ou obradoiro serán avaliados mediante 1 titoría). No caso de que este alumnado non supere a materia na "primeira oportunidade", as cualificacións obtidas mediante este sistema de titorías reservaranse para a "segunda oportunidade", e sumaranse á nota obtida na proba obxectiva desa convocatoria para determinar a cualificación final acadada.



A metodoloxía docente e as actividades que a configuran están deseñadas de acordo cun proceso de avaliación continua programado para un único curso académico, polo que non se contempla a posibilidade de trasladar cualificacións parciais de actividades superadas a cursos sucesivos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes