Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Inorgánica 3
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A4 A5 A6 A15 B1 B2 B3 C1 Periodicamente, o alumnado realizará unha serie de probas curtas, de tipo test ou resposta breve, durante as sesións de solución de problemas. Estas probas obxectivas están deseñadas tanto para avaliar o grao de adquisición de competencias, como para afianzar os contidos vistos nas sesións maxistrais. Esta actividade non só permitirá facer un seguimento da evolución do alumnado, senón que tamén servirá de ferramenta para detectar aqueles aspectos da materia que presentan unha maior dificultade de comprensión. 15
Proba mixta A1 A3 B2 B3 B4 B7 C1 C2 Consistirá en dous parciais; o primeiro deles realizarase antes de rematar o primeiro cuadrimestre e o segundo coincidindo coa primeira oportunidade (deseñada como unha proba mixta de conxunto para aquel alumnado que non se presentara ao primeiro parcial). Constará tanto de preguntas de desenvolvemento, como de preguntas tipo test e problemas que serán similares aos expostos ao longo do curso. 70
Solución de problemas A3 A4 A15 A24 B1 B2 B3 B4 C1 C2 C6 C7 Cualificaranse tanto as respostas do alumnado como a súa participación individual ou de grupo nas correspondentes actividades presenciais. Ocasionalmente, e a requirimento do profesor, o alumno deberá entregar os boletíns de problemas que tamén poderán ser avaliados.
10
Obradoiro A5 A6 A8 A9 A10 A14 A16 B5 C2 Teranse en conta non só aspectos asociados ás actividades realizadas neles, senón tamén o nivel de participación e de coñecementos demostrado polo alumnado.
5
 
Observacións avaliación

A cualificación final será a suma das seguintes contribucións:

- Proba mixta, ata un máximo 7 puntos.

- Clases de "Solución de problemas" + "Obradoiros" ata un máximo de 1,5 puntos.

- Probas obxectivas ata un máximo de 1,5 puntos.

A proba mixta, constará de dous parciais; o primeiro deles realizarase antes de rematar o primeiro cuadrimestre e a súa data fixarase no calendario de coordinación da materia. A esta proba SÓ PODERÁN PRESENTARSE AQUELES ALUMNOS QUE ASISTIRAN E PARTICIPARAN  COMO MÍNIMO A UN 80% DAS ACTIVIDADES DOCENTES ASOCIADAS A CADA PARCIAL (PORCETAXE APLICADA ÁS SESIÓNS DE SEMINARIO E OBRADOIROS). O segundo parcial realizarase coincidindo coa primeira oportunidade. Ambos os parciais liberan materia e para superalos será necesario obter un mínimo de 3,15 puntos (sobre un máximo de 7 puntos) en cada un deles. A nota da proba mixta será a media das cualificacións obtidas en ambos os parciais. Se o alumno non alcanza a nota mínima de 3,15 puntos nalgún deles, a cualificación final será a obtida no parcial de menor puntuación. Naqueles casos nos que o/a alumno/a non alcanzara a nota mínima esixida, aínda que a suma global das cualificacións obtidas na proba final e o resto de actividades avaliables sexa superior a 5,0 puntos, a materia figurará como "suspensa" (4,5 puntos). Tanto na primeira como na segunda oportunidade o alumno poderase examinar das probas parciais pendentes. A nota das clases de solución de problemas e obradoiros manterase para o cómputo da cualificación final na segunda oportunidade.

Con todo, para superar a materia será necesario acadar polo menos 5 puntos entre a proba mixta, seminarios/obradoiros e as probas obxectivas, sempre coa restrición de ter obtido na proba mixta un mínimo de 3,15 puntos (sobre 7). 

Dado que a cualificación se basea no modelo de avaliación continua, valorarase especificamente a progresión do alumno ao longo de todo o cuadrimestre cun máximo de 1 punto, que se poderá sumar á cualificación final sempre que se superase o mínimo na proba mixta.

De acordo con esta metodoloxía de avaliación, considerarase que o alumno se presentou á avaliación se participou activamente en calquera das actividades de xeito que o grao de participación no seu conxunto supoña máis do 20% da cualificación da materia.

Dentro do mesmo contexto de "avaliación continua" e de acordo co contido do escrito "Probas de Avaliación e Actas de Cualificación de Grao e Mestrado", a chamada "segunda oportunidade de xullo" enténdese exclusivamente como unha segunda oportunidade de realización da proba mixta. Por tanto, na devandita oportunidade realizarase de novo a proba mixta, da que o estudante só se terá que examinar das probas parciais pendentes, e á cualificación obtida nesta sumaranse as obtidas durante o curso nas outras actividades (proba parcial e clases de solución de problemas e talleres). As porcentaxes serán as mesmas que na "primeira oportunidade". As matrículas de honra (M.H.) outorgaranse prioritariamente aos alumnos que aprobaran a materia na primeira oportunidade, e só se outorgarán na chamada "segunda oportunidade" se o número máximo daquelas non se cubriu na súa totalidade na primeira.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación obtida nas actividades asociadas ao sistema personalizado de titorías (entrega de boletíns, resultados obtidos nos test e nas titorías de avaliación...) configurarán ata un máximo de 3 puntos na cualificación final, o resto (ata un máximo de 7 puntos) corresponderá á nota obtida polo alumnado na proba mixta. A porcentaxe de dispensa asociada ás titorías de avaliación determinarase en función do número de talleres de resolución de problemas e obradoiros que deban ser avaliados mediante esta metodoloxía. Unha vez coñecido o seu número, este ponderarase sobre o seu total. No caso de que este alumnado non supere a materia na "primeira oportunidade", as cualificacións obtidas mediante este sistema de titorías reservaranse para a "segunda oportunidade", e sumaranse á nota obtida na proba obxectiva desa convocatoria para determinar a cualificación final acadada.

A metodoloxía docente e as actividades que a configuran están deseñadas de acordo cun proceso de avaliación continua programado para un único curso académico, polo que non se contempla a posibilidade de trasladar cualificacións parciais de actividades superadas a cursos sucesivos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes