Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Inorgánica 4
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposicións orais do profesorado, complementadas co uso de medios audiovisuais e coa introducción de preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Trátase de sesións "abertas" con continuo intercambio de ideas entre o profesorado e o alumnado. Nestas sesións presentaranse os seis primeiros temas que figuran no apartado "Contidos".
Prácticas de laboratorio Traballo do alumno/a no laboratorio, baixo a tutela e supervisión do profesorado. Levarase a cabo a síntese e caracterización dun composto de coordinación e dun sólido cristalino non molecular. Este traballo comprende os dous últimos temas que se recollen no apartado "Contidos".
Seminario Sesións de traballo en grupos intermedios dirixidas á resolución de problemas e cuestións relacionadas cos temas expostos nas sesións maxistrais. Servirán tamén de "feed-back" para que o profesorado valore o progreso do alumnado.
Traballos tutelados Con anterioridade ao inicio das prácticas o alumno realizará un traballo académico dirixido, que consistirá na preparación dos experimentos que se realizarán no laboratorio mediante unha revisión bibliográfica.
Presentación oral Sesións en grupo nas que cada alumno/a deberá presentar o traballo que realizou ao longo das prácticas de laboratorio. Cada alumno/a disporá dun tempo reducido (5 minutos aprox.) para resumir o seu traballo. A continuación establecerase un debate coa participación de todos os alumnos/as do grupo.
Proba mixta Tratarase dunha proba escrita que incluirá cuestións e problemas numéricos relacionados coa materia.
Resumo O alumnado deberá entregar ao final das prácticas un caderno de laboratorio e un breve informe de cada unha das prácticas, que serán corrixidos e avaliados polo profesorado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes