Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Inorgánica 4
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A26 A23 A22 A20 A19 A18 A17 A16 A15 A6 A4 A3 A1 B1 B3 B4 B5 B7 C1 C2 A avaliación da parte experimental da asignatura supón un 75% da calificación final. Inclúe:
1. O traballo experimental do alumno, en particular no que se refire á planificación, organización, destreza e seguridade no traballo práctico. Valoraranse tamén os resultados da síntese e caracterización das especies propostas. (20%)
2. Grao de preparación previa de cada práctica e interpretación dos resultados e as conclusións obtidas na mesma. Serán avaliadas mediante entrevista persoal co alumno (35%).
3. Exposición oral na que se presentarán os experimentos desenvolvidos no laboratorio de xeito breve (15%).
4. Caderno de laboratorio e informes de cada unha das prácticas (30%).
75
Seminario A1 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C2 Avaliarase a participación activa do alumnado nas clases de seminario e nas clases expositivas. 5
Traballos tutelados A24 A22 A21 A20 A16 A15 A14 A9 A6 A4 A3 A1 B3 B4 B7 C1 C2 Tanto o grao de preparación previa de cada práctica como a interpretación dos resultados e as conclusións obtidas ns mesma serán avaliadas mediante entrevista persoal co alumno. A súa porcentaxe inclúese no apartado "Prácticas de Laboratorio" 0
Presentación oral A1 A14 A16 A24 B3 B4 B7 C1 C2 Valorarase a análise dos resultados e as conclusións extraídas do traballo experimental que presentará o alumno aos seus compañeiros. Tamén se valorará a súa participación activa nos debates. A súa porcentaxe inclúese no apartado "Prácticas de Laboratorio" 0
Resumo A1 A20 A24 B4 Valorarase o caderno de laboratorio elaborado por cada alumno, así como os informes de cada unha das prácticas realizadas. A súa porcentaxe inclúese no apartado "Prácticas de Laboratorio" 0
Proba mixta A1 A6 A9 A14 A20 A21 A24 B2 B3 C2 C1 Tratarase dunha proba escrita que incluirá cuestións e problemas numéricos relacionados coa materia.
Aqueles alumnos que asistan regularmente a todas as actividades programadas durante o curso poderán presentarse a unha proba parcial. Os alumnos que obteñan un mínimo de catro puntos (sobre dez) nesta proba parcial, e sempre que a nota media por curso sexa mínimo de cinco ptos sobre dez, estarán exentos de realizar o exame final.
20
 
Observacións avaliación

Esta é unha materia eminentemente experimental, polo que a asistencia a todas as actividades presenciais do curso é obrigatoria.
Primeira oportunidade: A puntuación máxima é de 10 puntos e a superación da materia requirirá a obtención dun mínimo de 5 puntos en total. En cada unha das partes avaliables requerirase obter un mínimo do 40% da puntuación máxima posible para esa parte. Para que se teñan en conta as calificacións das distintas actividades suxeitas a evaluación é preciso obter a calificación mínima indicada para cada unha delas. Por tanto, de non acadarse dita puntuación mínima nalgunha delas, e no caso de que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10), a asignatura figurará como "suspenso". No momento en que o alumno comence o traballo presencial de prácticas de laboratorio considerarase que escomezou o proceso de avaliación, e por tanto a súa cualificación non poderá ser "non presentado".
Segunda oportunidade: A puntuación máxima é de 10 puntos e a superación da materia requirirá a obtención dun mínimo de 5 puntos en total. O alumno será avaliado mediante unha proba obxectiva (que computará por un máximo de 2 puntos), e unha proba práctica de laboratorio (que computará por un máximo de 8 puntos). A proba práctica consistirá na preparación e execución dunha práctica de laboratorio seguindo os mesmos criterios detallados no apartado "metodoloxía", coa única salvedade de que a preparación previa non será titorizada. Dada a importancia da preparación previa, se esta se realiza de maneira inadecuada o alumno recibirá a cualificación de suspenso antes de comezar o traballo de laboratorio.
Dende o momento en que o alumno comece a preparación da práctica, ou a realización da proba obxectiva, considérase que decidiu ser avaliado, e por tanto non procede a cualificación de "non presentado".

Os alumnos evaluados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se esgotasen na primeira oportunidade.

Respecto aos sucesivos cursos académicos, o proceso ensinanza-aprendizaxe, incluída a evaluación, refírese a un curso académico e, polo tanto, volve comezar cun novo curso académico, incluindo todas as actividades e procedementos de evaluación que se programen para dito curso.

NOTA: A competencia C2 soamentes evalúase para o grupo de alumnos de inglés

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes