Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Inorgánica 4
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A3 A4 A6 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A22 A23 A26 B1 B3 B4 B5 B7 C1 C2 Valorarase o traballo experimental do alumno/a, en particular no que se refire á planificación, organización, destreza e seguridade no traballo práctico. Valoraranse tamén os resultados da síntese e caracterización das especies propostas. 15
Seminario A1 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C2 Avaliarase a participación activa do alumnado nas clases de seminario e nas clases expositivas. 5
Traballos tutelados A1 A3 A4 A6 A9 A14 A15 A16 A20 A21 A22 A24 B3 B4 B7 C1 C2 Tanto o grao de preparación previa de cada práctica como a interpretación dos resultados e as conclusións obtidas nas mesmas serán avaliados mediante entrevista persoal co alumno/a. 25
Presentación oral A1 A14 A16 A24 B3 B4 B7 C1 C3 Valorarase a análise dos resultados e as conclusións extraídas do traballo experimental que presentará o alumno/a aos seus compañeiros. Tamén se valorará a súa participación activa nos debates. 10
Resumo A1 A20 A24 B4 C3 Valorarase o caderno de laboratorio elaborado por cada alumno/a, así como os informes de cada unha das prácticas realizadas. 25
Proba mixta A1 A6 A9 A14 A20 A21 A24 B2 B3 C1 C2 Tratarase dunha proba escrita que incluirá cuestións e problemas numéricos relacionados coa materia. 20
 
Observacións avaliación

Esta é unha materia eminentemente experimental, polo que a asistencia a todas as actividades presenciais do curso é obrigatoria.
Primeira oportunidade: A puntuación máxima é de 10 puntos e a superación da materia requirirá a obtención dun mínimo de 5 puntos en total. En cada unha das partes avaliables requerirase obter un mínimo do 40% da puntuación máxima posible para esa parte. Para que se teñan en conta as calificacións das distintas actividades suxeitas a evaluación é preciso obter unha calificación mínima de 4/10 ptos. Por tanto, de non acadarse dita puntuación mínima nalgunha delas a asignatura figurará como "suspenso". No momento en que o alumno comence o traballo presencial de prácticas de laboratorio considerarase que encomezou o proceso de avaliación, e por tanto a súa cualificación non poderá ser "non presentado".

Segunda oportunidade: A puntuación máxima é de 10 puntos e a superación da materia requirirá a obtención dun mínimo de 5 puntos en total. O alumnado será avaliado mediante unha proba obxectiva (que computará por un máximo de 2.5 puntos), e unha proba práctica de laboratorio (que computará por un máximo de 7.5 puntos). En cada unha das partes avaliables requerirase obter un mínimo do 40% da puntuación máxima posible para esa parte. A proba práctica consistirá na preparación e execución dunha práctica de laboratorio seguindo os mesmos criterios detallados no apartado "Metodoloxía", coa única salvedade de que a preparación previa non será titorizada. Dada a importancia da preparación previa, se esta se realiza de maneira inadecuada o alumno recibirá a cualificación de suspenso antes de comezar o traballo de laboratorio. Para poder recuperar a proba práctica de laboratorio na segunda oportunidade é preciso que o alumno teña realizado un mínimo de 75% das "prácticas de laboratorio" de avaliación continua durante o curso. O alumno está exento de realizar a proba práctica na segunda oportunidade se obtivo un mínimo de 4 ptos na calificación de "Prácticas de Laboratorio" na primeira oportunidade.

Os alumnos evaluados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se esgotasen na primeira oportunidade.

NOTA 1: "Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia": Primeira e Segunda oportunidades: Están exentos de asistencia as clases de DE y TGR pero deberán realizar a "proba mixta" e obter un mínimo de 5 ptos (sobre 10) para superar esta actividade.As prácticas de laboratorio son obrigatorias e computan como no caso de alumnos con dedicación total.

NOTA 2: Implicacións
do plaxio na cualificación: A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba
esixida para a avaliación da materia implicará directamente a cualificación de
suspenso (0,0 ptos) na convocatoria correspondente, conforme se recolle no
Estatuto do Estudantado da UDC (artigo 35, punto 3, https://www.udc.es/es/normativa/estudantes/estatuto_estudantado/index.html.

NOTA 3: Convocatoria
adiantada de decembro: A ponderación na avaliación das diferentes actividades
docentes do alumnado que participe na convocatoria adiantada de decembro será
adaptada ás novas porcentaxes de avaliación recollidas na presente guía, no
caso de que estas difiran entre si en ámbolos dous cursos académicos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes