Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Inorgánica Avanzada
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A14 B3 C1 C2 Avaliarase a participación activa do alumno nas clases, a súa capacidade de razoamento e de argumentación fronte aos distintos aspectos tratados.
Déixase aberta a posibilidade de realizar algunha proba curta que constará principalmente de cuestións moi breves e/ou preguntas de elección múltiple sobre aspectos puntuais, ou de expor a resolución de casos prácticos a través da plataforma Moodle. Os resultados constituirán unha fonte máis de avaliación.
Este apartado evalúase en conxunto co de "Solución de Problemas".
0
Solución de problemas A1 A4 A6 A9 A10 A14 A16 B1 B2 B3 C1 C2 Avaliarase a participación activa do alumno nas clases, a súa capacidade de razoamento e de argumentación fronte aos distintos aspectos tratados.
Déixase aberta a posibilidade de realizar algunha proba curta que constará principalmente de cuestións moi breves e/ou preguntas de elección múltiple sobre aspectos puntuais, ou de expor a resolución de casos prácticos a través da plataforma Moodle. Os resultados constituirán unha fonte máis de avaliación.
Este apartado evalúase en conxunto co de "Sesión maxistral".
15
Prácticas de laboratorio A1 A4 A6 A9 A16 A17 A18 A20 A22 A23 A26 B4 B1 Avalíase, mediante unha entrevista persoal, a capacidade e rigorosidade de preparación dos aspectos máis importantes de cada práctica, tanto concernentes á parte sintética como á parte de caracterización. Avalíase tamén o traballo no laboratorio desde os puntos de vista de organización e seguridade, coñecemento do material e instrumentación e técnica do seu emprego, habilidade manual e, especialmente, a capacidade para comprender os procesos levados a cabo á luz da preparación previa. Tamén se avalía a elaboración do Caderno de Laboratorio, que constará de tres partes: resumo dos antecedentes, extraídos da preparación teórica previa, descrición detallada da execución e desenvolvemento do experimento (diario de laboratorio), e caracterización dos produtos; así como a elaboración dun informe final sobre os resultados obtidos e as conclusións que se poden extraer deles. 15
Proba mixta A1 A4 A6 A9 A10 A14 B2 B3 C1 C2 A proba escrita levará a cabo no horario aprobado en Xunta de Facultade. Constará dunha serie de cuestións e problemas relacionados co programa da materia. 70
 
Observacións avaliación

Os estudantes serán avaliados mediante o seguinte sistema de cualificación:

- C1: Cualificación da proba mixta: para superar a materia o alumno deberá obter un mínimo do 45% da nota máxima neste apartado.

- C2: Cualificación das prácticas de laboratorio: para aprobar a materia o alumno deberá obter un mínimo do 45% da nota máxima nesta sección.

- C3: Cualificación das sesións presenciais, nas clases de resolución de problemas e probas curtas.

- C4: cualificación da evolución global da progresión do alumno.

 

O alumno aprobará a materia se obtén un mínimo de 5 puntos na seguinte suma

0,7 (C1) + 0,15 (C2) + 0,15 (C3).

A cualificación da evolución global da progresión do alumno (C4) realizarase unha vez feitas as restantes cualificacións (C1, C2 e C3) e só para aqueles alumnos que superen a materia. No caso de que un estudante supere, na suma total de todas as cualificacións, os dez puntos, asignaráselle unha nota de 10,0 puntos.

A participación nas actividades extraordinarias recomendadas contribuirá ao aumento da nota final.

No caso de que a nota da materia sexa inferior á suma de 0,85 (C1) + 0,15 (C2), a nota substituirase polo valor da devandita suma.

Se a nota final é superior a 5 puntos, pero non alcanza o 45% das notas nas dúas primeiras seccións (C1 e C2), a nota que aparecerá na acta será de 4,5 (suspensa).

Se os alumnos asisten ás prácticas de laboratorio, non poderán obter a nota de "Non presentado".

A cualificación obtida na "primeira oportunidade" (convocatoria de febreiro), se é positiva (igual ou superior a 5), será definitiva.

A escala de cualificación na "segunda oportunidade" será a descrita para a "primeira oportunidade" coa excepción de que a nota da proba mixta da segunda oportunidade substituirá á obtida na proba mixta da primeira oportunidade. Se o alumno non alcanza o 45% da nota máxima na sección de prácticas de laboratorio na primeira oportunidade, non poderá aprobar a materia na segunda oportunidade.

Os estudantes que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán recibir honores se o número máximo destes no curso, de acordo coa normativa académica, non se cubriu totalmente na "primeira oportunidade".

Aqueles estudantes que se acollan ao "recoñecemento da dedicación a tempo parcial e a exención académica da exención de asistencia" segundo a normativa da UDC, só teñen que asistir ás clases prácticas de laboratorio obrigatorias. A nota final destes alumnos constará de dúas partes: a nota obtida nas prácticas de laboratorio, que contribuirá cun 15% á nota final, e a proba mixta, que contará para o 85% restante. Estas porcentaxes de cualificación aplicaranse a ambas as oportunidades. A cualificación de "non presentado" outorgarase a aqueles estudantes baixo o mencionado réxime de exención a condición de que non se presenten á proba mixta.

Todo o proceso de ensino-aprendizaxe descrito nesta guía, incluída a avaliación, refírese única e exclusivamente ao curso académico actual.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes