Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Orgánica 1
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Prográmase 1 exame final, que permitirá avaliar obxectivamente o grao de asimilación e a capacidade de aplicación dos contidos da materia por parte do alumno. A proba mixta incluirá un único tipo de preguntas, que estarán relacionadas coa estrutura, a determinación estrutural, a reactividad e a síntese de compostos orgánicos, e que permitirán determinar se as respostas son correctas.
Seminario Sesións dedicadas á resolución de problemas e cuestións coa participación activa do alumno. Impartirase ao grupo grande.
Sesión maxistral O profesor expoñerá os contidos fundamentais de cada tema que serán previamente subministrados aos alumnos co fin de que os preparen pola súa conta con anterioridade ao desenvolvemento da clase. Impartirase ao grupo grande.
Prácticas a través de TIC As prácticas estarán centradas fundamentalmente en dous aspectos:
1. A utilización de ferramentas informáticas para a representación tridimensional de compostos orgánicos e a súa aplicación á resolución de problemas de estereoquímica e análise conformacional.
2. A determinación estrutural de compostos orgánicos baseada en RMN de protón co apoio de programas de simulación de espectros.
Obradoiro O profesor asignará aos alumnos a preparación dalgúns problemas, que requirirán a integración de contidos de diferentes temas. Os alumnos deberán estudar os problemas e preparar unha solución por escrito, que deberá ser entregado con anterioridade ao desenvolvemento das clases en grupo reducido. Durante as clases, os alumnos presentarán oralmente algún dos problemas encomendados, e responderán ás cuestións que se formulen ao respecto.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes