Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Orgánica 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A4 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B2 B3 C1 Proba escrita. 70
Seminario A1 A4 A6 A9 A10 A participación e realización dos boletíns de problemas terase en conta na avaliación. 5
Prácticas a través de TIC A6 A9 A21 B2 B4 C3 Ter superadas as prácticas é condición necesaria para alcanzar a cualificación de apto.
O seguimento e participación nas prácticas contribuirá cun 5% á avaliación.
Os alumnos elaborarán un informe sobre os resultados das prácticas que contribuirá con outro 5% á avaliación.
10
Obradoiro A1 A4 A6 A9 A10 B2 B4 Avaliarase a calidade das solucións escritas aos problemas encomendados, que deberán entregarse de xeito previo, así como a asistencia e participación na actividade. Durante a presentación oral avaliarase o emprego da nomenclatura axeitada para os compostos e reaccións implicadas, e a claridade e concreción das explicacións e das respostas ás cuestións que se formulen. 15
 
Observacións avaliación

A realización das prácticas é requisito imprescindible para superar a materia. Para superar a materia será preciso obter, tanto na proba mixta coma nas Prácticas a través de TIC e obradoiros, unha nota non inferior a 4 sobre 10 e conseguir, sumadas as cualificacións de todas as actividades, unha nota mínima de 5 sobre 10. As cualificacións das prácticas, dos seminarios e dos obradoiros conservaranse na segunda oportunidade dun curso académico. Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 25% das actividades programadas. Os alumnos avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a
matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidad. Polo que se refire aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto volvería comezar cun novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que se programe para o devandito curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes