Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Orgánica 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A4 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B2 B3 B4 B7 C1 Avaliarase a asistencia, a participación e a calidade das exposicións orais e as solucións escritas dos problemas encomendados. Prestarase especial atención ao emprego da nomenclatura adecuada para os grupos funcionais dos compostos e os procesos de reacción, asi como a claridade e concreción das explicacións e respostas ás cuestións. 15
Prácticas de laboratorio A1 A9 A17 A19 A20 A23 A26 B3 B4 B7 C1 A realización das prácticas é necesaria para aprobar a materia. A avaliación das prácticas será continua e valorarase a actitude, o traballo realizado no laboratorio e o caderno de laboratorio.
15
Proba mixta A1 A4 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B3 B2 C1 Co propósito de avaliar a adquisición de coñecementos e competencias realizarase unha proba final (de acordo co calendario establecido no Centro). Nesta proba exporanse problemas e cuestións relativas aos contidos da materia, análogos aos realizados durante as sesións presenciais durante o curso.


70
 
Observacións avaliación

A asistencia a todas as actividades avaliables é necesaria para superar a materia. Para aprobar a materia será preciso obter na proba mixta unha nota igual ou superior ao 4 e conseguir, sumadas as cualificacións de todas as actividades avaliables, unha nota mínima de 5 sobre 10. Por tanto, para os alumnos cunha nota media igual ou superior a 5 que non alcanzasen a cualificación de 4 na proba mixta, a materia figurará como Suspensa, cunha nota de 4,5 na acta. Os alumnos que participen nun número de actividades avaliables non superior ao 15% obterán a cualificación de Non Presentado.

No que respecta á segunda oportunidade de avaliación, a cualificación da proba mixta de xullo substituirá á obtida na proba mixta de xuño. A cualificación correspondente ás prácticas de laboratorio e obradoiros poderase conservar na oportunidade de xullo ou, de maneira alternativa, como parte final da proba de xullo, os alumnos poderán realizar un exercicio avaliable, con actividades análogas ás desenvolvidas en los obradoiros durante o curso. Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á Matrícula de Honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na primeiro oportunidade.

Polo que se refire aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e por tanto volvería comezar cun novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que sexan programadas para o devandito curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes