Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Orgánica 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A4 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B2 B3 B4 B7 C1 Avaliarase a asistencia, a participación e a calidade das exposicións orais e as solucións escritas dos problemas encomendados. Prestarase especial atención ao emprego da nomenclatura adecuada para os grupos funcionais dos compostos e os procesos de reacción, asi como a claridade e concreción das explicacións e respostas ás cuestións. 15
Prácticas de laboratorio A1 A9 A17 A19 A20 A23 A26 B3 B4 B7 C1 A realización das prácticas é necesaria para aprobar a materia. A avaliación das prácticas será continua e valorarase a actitude, o traballo realizado no laboratorio e o caderno de laboratorio.
15
Proba mixta A1 A4 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B2 B3 C1 Co propósito de avaliar a adquisición de coñecementos e competencias realizarase unha proba final (de acordo co calendario establecido no Centro). Nesta proba exporanse problemas e cuestións relativas aos contidos da materia, análogos aos realizados durante as sesións presenciais durante o curso.


70
 
Observacións avaliación

A asistencia a todas as actividades avaliables (prácticas de laboratorio, obradoiros e proba mixta) é necesaria para superar a materia. Por iso, facilitarase a todos
os alumnos a realización dos talleres e as prácticas de laboratorio
dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os
recursos materiais e humanos.
Os alumnos que participasen en actividades avaliables que somen menos do 15% da cualificación final poderán obter a cualificación de Non Presentado.

Para aprobar a materia será preciso obter na proba mixta unha nota igual ou superior ao 4 e conseguir, sumadas as cualificacións de todas as actividades avaliables, unha nota mínima de 5 sobre 10. Por tanto, para os alumnos cunha nota media igual ou superior a 5 que non alcanzasen a cualificación de 4 na proba mixta, a materia figurará como Suspensa, cunha nota de 4,5 na acta. Unha vez finalizada a proba mixta da 1ª oportunidade, os alumnos que o desexen poderán realizar a continuación un exercicio oral, con actividades análogas ás desenvolvidas nas sesións de taller, co obxectivo de reevaluar a cualificación dos talleres.

En caso de non superar a materia na 1ª oportunidade, a cualificación das prácticas de laboratorio conservarase na 2ª oportunidade. A cualificación da proba mixta da 2ª oportunidade substituirá á obtida na proba mixta da 1ª oportunidade. A cualificación dos talleres obtida na 1ª oportunidade poderase conservar na 2ª oportunidade ou, de maneira alternativa, unha vez finalizada a proba mixta da 2ª oportunidade, os alumnos que o desexen poderán realizar a continuación un exercicio oral, con actividades análogas ás desenvolvidas nas sesións do taller, co obxectivo de reevaluar a cualificación dos talleres. Os alumnos avaliados na 2ª oportunidade só poderán optar á Matrícula de Honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na primeira oportunidade.

 Para os estudantes con dedicación a tempo parcial ou de modalidades específicas de aprendizaxe ou de apoio á diversidade a realización dos talleres e as prácticas de laboratorio será facilitada dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. De maneira excepcional, cando os alumnos non puidesen completar as prácticas de laboratorio por razóns debidamente xustificadas, para non prexudicar a súa cualificación, a proba mixta (tanto na 1ª como na 2ª oportunidade) incluirá cuestións relativas ás prácticas de laboratorio e contribuirá nun 85% á nota final. Ademais, unha vez finalizada a proba mixta (tanto na 1ª como na 2ª oportunidade), os alumnos que o desexen poderán realizar a continuación un exercicio oral, con actividades análogas ás desenvolvidas nas sesións de taller, co obxectivo de reevaluar os talleres (15% da nota final).

Polo que se refire aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e por tanto volvería comezar cun novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que sexan programadas para o devandito curso. A este respecto, as prácticasde laboratorio poderanse convalidar de acordo coa normativa establecida no Centro.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes