Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Orgánica 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A9 A17 A19 A20 A23 A26 B3 B4 B7 C1 A realización das prácticas é necesaria para aprobar a materia. A avaliación das prácticas será continua e valorarase a actitude, o traballo realizado no laboratorio e o caderno de laboratorio.
15
Obradoiro A1 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B2 B3 B4 B7 C1 Avaliarase a asistencia, a participación e a calidade das exposicións orais e as solucións escritas dos problemas encomendados. Prestarase especial atención ao emprego da nomenclatura adecuada para os grupos funcionais dos compostos e os procesos de reacción, asi como a claridade e concreción das explicacións e respostas ás cuestións. 15
Proba mixta A1 A4 A6 A9 A10 A15 A21 B2 B3 C1 Co propósito de avaliar a adquisición de coñecementos e competencias realizarase unha proba final (de acordo co calendario establecido no Centro). Nesta proba exporanse problemas e cuestións relativas aos contidos da materia, análogos aos realizados durante as sesións presenciais durante o curso.


70
 
Observacións avaliación

A realización das prácticas de laboratorio é requisito imprescindible para superar a materia e asistencia a os obradoiros é obrigatoria. Por iso, facilitarase a todos los alumnos
a realización das actividades de avaliación continua (prácticas de laboratorio e obradoiros) coa flexibilidade que
permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos.

Para aprobar a materia será preciso obter na proba mixta e nas
prácticas de laboratorio unha nota igual ou superior ao 5. Por tanto, para os
alumnos cunha nota global igual ou superior a 5 que non alcanzasen a
cualificación de 5 en tanto na proba mixta como nas prácticas de laboratorio a
materia figurará como Suspensa, cunha nota de 4,5 na acta. Os alumnos que
asistisen a menos do 75% dos talleres (6 sesións) recibirán unha cualificación
de 0 nese apartado (15% da cualificación global). Os alumnos que realizando as
prácticas de laboratorio non alcanzasen a cualificación de 5 poderán realizar,
como parte da proba mixta, unha proba específica relacionada coas prácticas de
laboratorio. A cualificación desta proba específica substituirá á cualificación
obtida nas prácticas de laboratorio para o cálculo da cualificación global. Os
alumnos que non realizasen as prácticas e tampouco se presentaron á proba mixta
recibirán a cualificación de Non Presentado.

As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos talleres da
1ª oportunidade manteranse na 2ª oportunidade. Por tanto, na 2ª oportunidade os
alumnos poderán realizar unicamente unha proba mixta, cuxa cualificación
substituirá á obtida na proba mixta da 1ª oportunidade. Os alumnos avaliados na
2ª oportunidade só poderán optar á Matrícula de Honra se o número máximo destas
para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na 1ª oportunidade.

Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou
de modalidades específicas de aprendizaxe ou de apoio á diversidade serán
avaliados mediante as prácticas de laboratorio e a proba mixta (dispénsaselles
de asistencia aos talleres, correspondente ao 15% da cualificación global). Por
tanto, na 1ª e na 2ª oportunidade, os talleres serán avaliados mediante a proba
mixta, que representará o 85% da cualificación global. A realización das
prácticas de laboratorio é requisito imprescindible para superar a materia e facilitarase na medida do posible, dentro da
flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais
e humanos. No caso de circunstancias excepcionais, objetivables e adecuadamente
xustificadas, o profesor responsable podería eximir total ou parcialmente a
algún estudante de concorrer ao proceso de avaliación continua das prácticas de
laboratorio. O
estudante que se atopase nesta circunstancia deberá superar un exame específico
(correspondente ao 100% da cualificación) que non deixe dúbidas sobre a
consecución dos coñecementos, habilidades e competencias propias da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes