Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Química |
Asignaturas |
Experimentación en Química Orgánica |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Experimentación en Química Orgánica | Código | 610G01029 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A1 A9 A10 A15 A20 A23 A26 B2 B3 B4 C1 C3 | Nos traballos tutelados avaliarase o traballo previo realizado de maneira autónoma polo alumnado e tamén o seguimento e a participación activa durante as entrevistas previas á realización de cada práctica. | 40 |
Prácticas de laboratorio | A1 A4 A9 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A26 B2 B3 B4 C1 | Levarase a cabo unha avaliación continua do traballo no laboratorio onde se terá en conta o interese e dedicación do alumno, a adecuada planificación e organización do traballo, o respecto ás normas de seguridade e a destreza alcanzada nas operacións de laboratorio. A cualificación desta parte incluirá a avaliación do caderno de laboratorio. |
30 |
Proba mixta | A1 A4 A9 A10 A15 A18 A19 A20 A21 A22 A23 B2 B3 B4 C1 | Prográmase unha proba mixta, na que o alumno deberá explicar por escrito como levaría a cabo unha experiencia similar ás prácticas realizadas no laboratorio. A partir dos datos fornecidos no enunciado (descrición e cantidades dos materiais de partida e estrutura dos produtos a sintetizar) terá que: (1) realizar todos os cálculos necesarios, (2) propor procedementos experimentais adecuados para a preparación e purificación de compostos, (3) describir as montaxes requiridas e (4) propor mecanismos de reacción que permitan explicar os procesos implicados. |
30 |
Observacións avaliación | |||
A asistencia á sesión de As cualificacións obtidas nas entrevistas e nas prácticas de laboratorio manteranse na segunda oportunidade de xullo de 2021. Na segunda oportunidade, os estudantes que non superaren a avaliación continua do traballo práctico no laboratorio deberán realizar un examen práctico no laboratorio. Os estudantes que superaren a avaliación continua do traballo práctico no laboratorio deberán realizar unha proba mixta escrita para establecer o 30% da nota. De acordo coa normativa académica, os estudantes avaliados na segunda oportunidade, só poderán optar a Matrícula de Honra se o número máximo destas non se completou na primeira oportunidade. As adaptacións que se levarán a cabo naa avaliación, se nos enfrentasemos a un escenario de non presencialidad por un novo abrocho da pandemia consisten no desenrolo de procedimentos de realización de varias propostas de prácticas de laboratorio contidas no listado, creando unha libreta de laboratorio virtual, que será evaluada segundo mencionase nos procedimentos de evalución. Da mesma maneira, as entrevistas previas realizaranse mediante a plataforma MOODLE e serán evaluadas ida mesma forma. O proceso de ensino e aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un ano académico e comeza con cada ano académico, incluíndo todas as actividades e procedementos de avaliación programados para ese curso. No caso de alumnado con recoñocemento de dedicación a tempo parcial e despensa académica de exención de asistencia, o Profesor Responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O alumando que se atopara nesta circunstancia deberá superar un examen específico que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia nas duas oportunidades. |
|