Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química, Información e Sociedade
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Consistirá na exposición e explicación por parte do profesor dos conceptos fundamentais de cada tema.
Obradoiro Dúas sesións (de 1 hora) serán impartidas por persoal da biblioteca da Facultade de Ciencias, co gallo de explicar os recursos e manexo avanzado na biblioteca.
Seminario Consisten en sesións interactivas (grupo reducido) nas que o profesor plantexa exemplos concretos relacionados coas sesións maxistrales. Realizarase o estudo de casos, e fomentarase o debate entre os alumnos e o manexo de diversa documentación científica.
Tamén se levarán a cabo sesións na aula de informática, para realizar actividades de obtención de información científica usando bases de datos en red.
Traballos tutelados En sesións de grupo reducido o alumno terá que resolver, de forma individual ou grupal, os problemas plantexados polo profesor, que tutelará o seu traballo. Trataranse problemas que relacionan a Química cos medios de comunicación, coa saúde, alimentación, medio ambiente, etc., fomentando o seu debate e discusión. O alumno terá que facer individualmente un informe final, ou presentación oral, do seu traballo.
Proba mixta Examen final no que se inclúen preguntas tipo test, de resposta breve e de ensaio. Preténdese avaliar os coñecementos adquiridos polos alumnos, así coma a súa capacidade de razoamento, síntese, redacción e espíritu crítico.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes