Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química, Información e Sociedade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A16 A23 A24 B2 B3 B4 B7 C3 O traballo do alumno nestas sesións é avaliado a través de tests escritos, feitos individual o grupalmente, e a través da participación do alumno nos debates e cuestións plantexadas no aula.
É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións na aula de informática, e máis a realización de tódalas actividades relacionadas con estas prácticas.
30
Proba mixta A16 A21 A24 A25 B3 B6 C4 C5 C6 C7 C8 Examen final que inclúe preguntas tipo test, de resposta breve e de ensaio. Realizarase na convocatoria oficial de febreiro e na segunda oportunidade de xullo.
40
Traballos tutelados A16 A18 A21 A23 A24 A28 B2 B3 B5 C5 C6 A avaliación levarase a cabo tendo en conta os seguintes aspectos:
- participación e espíritu crítico demostrado polo alumno ao longo dos debates plantexados na aula.
- capacidade de síntese, razoamento, etc. reflectido nos traballos presentados de forma oral e/ou escrita.
30
 
Observacións avaliación

Para superar a materia hai dous requisitos básicos:

1) Asistencia regular a todas as actividades avaliables, sendo obrigatoria a realización das prácticas da aula de informática (análisis de fontes documentais).

2) Alcanzar unha cualificación mínima de 4 (sobre 10) en cada unha das actividades avaliadas. Para aprobar a materia o promedio de todas as actividades avaliadas non poderá ser inferior a 5 (sobre 10). De non acadar a devandita puntuación mínima nalgunha das actividades, aínda que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10), a cualificación final será de suspenso (4.0).

O alumno terá a cualificación de Non Presentado cando realice menos do 25% das actividades académicas presenciais programadas, e non se presente a proba mixta (examen final).

No contexto de evaluación continua, as cualificacións obtidas nos seminarios e traballos tutelados, poderán conservarse  na segunda oportunidade de xullo, sempre a cando superen a mínima de 4 citada previamente. A cualificación da proba mixta obtida en xullo substituirá á da primeira oportunidade de febreiro.

Os alumnos avaliados na segunda oportunidade solo poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso non se esgotaron na primeira oportunidade.

Nos siguintes cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluida a avaliación, iníciase de novo, o que implica que o alumno que non supere a materia neste curso deberá realizar todas as actividades programadas para o novo curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes