Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química, Información e Sociedade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A16 A23 A24 B2 B3 B4 B7 C3 O traballo do alumno nestas sesións é avaliado a través de tests escritos, feitos individual o grupalmente, e a través da participación do alumno nos debates e cuestións plantexadas no aula.
A realización de tódalas actividades de percura de información en bases de datos bibliográficas é obrigatoria.
30
Proba mixta A16 A21 A24 A25 B3 B6 C4 C5 C6 C7 C8 Exame final que inclúe preguntas tipo test, de resposta breve e de ensaio. 40
Traballos tutelados A16 A18 A21 A23 A24 A28 B2 B3 B5 C5 C6 A avaliación levarase a cabo tendo en conta os seguintes aspectos:
- participación e espíritu crítico demostrado polo alumno ao longo dos debates plantexados na aula.
- capacidade de síntese, razoamento, etc. reflectido nos traballos presentados de forma oral e/ou escrita.
30
 
Observacións avaliación

Para superar a materia hai dous requisitos básicos:

1) Asistencia regular a tódalas actividades avaliables; as prácticas da Aula de Informática (análisis de fontes documentais)
son de asistencia obrigada, agás para os alumnos con dedicación parcial ou dispensa de
asistencia, tal como se indica máis abaixo.

2) Acadar unha cualificación mínima de 4 (sobre 10) en cada unha das actividades avaliadas.  De non acadar a devandita puntuación mínima nalgunha desas actividades, a cualificación final será de Suspenso (4.0). Para aprobar a materia a cualificación total non poderá ser inferior a 5 (sobre 10).

O alumno terá a cualificación de Non Presentado cando participe en
actividades que sumen menos do 30% da cualificación total.

No contexto de evaluación continua, as cualificacións obtidas nos seminarios e traballos tutelados poderán conservarse para a segunda oportunidade, sempre a cando superen a mínima de 4 citada previamente. A cualificación da proba mixta obtida nesta segunda oportunidade substituirá á da primeira.

Os alumnos avaliados na segunda oportunidade solo poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso non se esgotaron na primeira.

Nos siguintes cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluida a avaliación, iníciase de novo, o que implica que o alumno que non supere a materia neste curso deberá realizar todas as actividades programadas para o novo curso.

No caso de alumnos con dedicación parcial, ou dispensa de asistencia, tódalas actividades avaliables poden ser levadas a cabo online, mesmo as prácticas de percura nas bases de datos, e cualificadas do mesmo xeito que se foran presenciais, polo que non é preciso un protocolo específico.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes