Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Laboratorio de Química
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A7 A10 A12 A14 A16 A17 A19 A20 A21 A23 A26 B3 B4 C1 Valorarase a organización, a actitude e a actividade desenvolvida nas sesións de laboratorio, así como os informes de laboratorio correspondentes, que deberán ser entregados para a súa avaliación 40
Proba mixta A1 A9 A14 A15 B2 B3 A proba mixta constará de problemas de elucidación estrutural a partir de datos espectrométricos e/ou espectroscópicos análogos aos realizados durante as sesións de seminario e taller.

30
Proba práctica A1 A7 A14 A15 A17 A19 A20 A21 A23 A26 B2 B3 B4 Realización dunha proba práctica no laboratorio para a determinación dalgunha propiedade fisico-química básica xunto á resolución de cuestións acerca dos contidos prácticos impartidos. Farase en cada grupo ao rematar as sesións prácticas.
20
Obradoiro A1 A9 A14 A15 A16 A21 B2 B3 B4 C1 C3 Valorarase a actitude e a actividade do alumno durante as sesións, así como as resolucións escritas dos problemas propostos de elucidación estrutural.
10
 
Observacións avaliación
A asistencia a todas as actividades avaliables é necesaria para superar a materia. Para aprobar a materia será preciso obter tanto na proba mixta como na proba práctica unha nota igual ou superior ao 4 e conseguir, sumadas as cualificacións de todas as actividades avaliables, unha nota mínima de 5 sobre 10. Por tanto, de non alcanzar a puntuación mínima nalgunha das probas, a materia figurará como suspensa, aínda que a cualificación media sexa igual ou maior que 5 (nese caso a puntuación asignada será de 4,5). Os alumnos que non superasen a proba práctica deberán repetila na oportunidade de xuño.

A cualificación será non presentado cando a asistencia ás sesión presenciais (obradoiros, seminarios e prácticas de laboratorio) sexa inferior ao 51%.

No que respecta á segunda oportunidade de avaliación, as cualificacións das probas de xullo substituirán ás obtidas nas probas de xuño. A cualificación dos obradoiros poderase conservar na oportunidade de xullo ou, de maneira alternativa, como parte final da proba mixta de xullo, os
alumnos poderán realizar un exercicio avaliable, con actividades análogas ás desenvolvidas nos obradoiros durante o curso. As cualificacións das prácticas de laboratorio obtidas na primeira oportunidade conservaranse para a segunda oportunidade de avaliación. A proba práctica deberá repetirse en xullo no caso de tela suspensa.

Os alumnos avaliados en la segunda oportunidade só poderán optar á Matrícula de Honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na primeira oportunidade.

O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico completo, e por tanto volverá comezar cun novo curso académico, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que se programen para devandito curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes