Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Ciencia de Materiais
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Ciencia de Materiais Código 610G01035
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Señaris Rodriguez, Maria Antonia
Correo electrónico
m.senaris.rodriguez@udc.es
Profesorado
Bermúdez García, Juan Manuel
Castro Garcia, Socorro
Sanchez Andujar, Manuel
Señaris Rodriguez, Maria Antonia
Correo electrónico
j.bermudez@udc.es
socorro.castro.garcia@udc.es
m.andujar@udc.es
m.senaris.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral Ciencia de Materiais é unha materia obrigatoria do primeiro semestre do carto curso do Grao en Química. Dita materia pertence ó módulo de Formación complementaria en Química. Esta materia, de carácter claramente interdisciplinar, está adicada ó estudo dos distintos tipos de materiais (metálicos, cerámicos, poliméricos, materiais compostos), as súas propiedades (mecánicas, eléctricas, magnéticas, ópticas, etc.) e as súas prestacións.
Plan de continxencia (i) Adaptación a realizar no caso de non presencialidade sobrevida causada por gromos da enfermidade: 1. Modificacións nos contidos En principio os contidos mantéñense na súa totalidade. No caso de ser necesario por causas de forza maior, poderá optarse por unha presentación máis xeral dos mesmos, que en calquera caso cubrirá todos os aspectos máis relevantes da materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: As metodoloxías manteranse pero pasarán a realizarse en “Modalidade on-line”, e dicir, empregando as ferramentas das TIC que ten a disposición a Institución. No caso de que parte do alumnado non puidese conectarse e seguir as aulas en tempo real, utilizaranse medios asíncronos (correo electrónico, gravacións das sesión expositivas, titorías máis personalizadas...). *Metodoloxías docentes que se modifican: As probas obxectivas serán probas on-line que se realizaran mediante Moodle ou ferramentas equivalentes, facendo un seguimento das mesmas por Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: O alumnado será titorizado mediante a plataforma Teams ou mediante o correo electrónico corporativo. 4. Modificacións na avaliación Se todo o alumnado puidese continuar coa docencia non presencial sen dificultade, avaliarase do mesmo xeito que na docencia presencial. O alumnado que non poda seguir as actividades on-line síncronas será avaliado polas actividades equivalentes realizadas de maneira asíncrona. *Observacións de avaliación: Non hai. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións na bibliografía/webgrafía. (ii) Adaptación prevista no centro para os casos nos que se supere o aforo da aula asignada para a materia: No caso de existiren problemas de aforo nos espazos designados para a realización de actividades presenciais, reservaranse espazos adicionais nos que os alumnos poidan seguir as actividades a través da plataforma TEAMS. No caso das actividades prácticas, os grupos desdobraranse para adaptarse á capacidade do laboratorio
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes