Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Ciencia de Materiais
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na clase maxistral introduciranse os contidos dos correspondentes temas, destacando os seus aspectos máis importantes e deténdose particularmente naqueles conceptos fundamentais e/o de maior dificultade de comprensión para o alumnado.
Solución de problemas As clases de solución de problemas estarán adicadas á resolución de problemas e cuestións que se propuxeron con antelación ó alumnado, co fin de que este poida traballar sobre eles antes da correspondente sesión presencial.
Seminario Traballo en pequenos grupos que terán como finalidade o estudo dun tópico, dun caso, etc. a través da discusión entre os membros do grupo.
Eventos científicos e/ou divulgativos Tamén se contempla a posibilidade, como actividades complementarias, de realizar visitas a centros relacionados coa materia, a asistencia a conferencias científicas, etc. Estas actividades concretaranse durante o desenvolvemento do curso, en función do número do alumnado matriculado, da organización de conferencias de interese por parte do centro ou outros organismos, etc.
Traballos tutelados Previamente ás prácticas de laboratorio o alumnado terá que realizar, en base os seus coñecementos e á revisión bibliográfica dos textos propostos, un estudo sobre os aspectos que se van a tratar na práctica. Esta tarefa será supervisada pola profesorado mediante un mínimo de unha titoría individual. Así mesmo, durante a realización do estudo de casos o profesorado realizará ó menos unha titoría para orientar e supervisar o traballo que está realizando o alumnado.
Prácticas de laboratorio Traballo de síntese e procesado de distintos tipos de materiais, da súa caracterización e estudo de propiedades baixo a supervisión do profesorado.
Proba mixta Proba de conxunto que se realizará no calendario acordado pola Xunta de Facultade. O seu obtivo é contribuír á avaliación do nivel de coñecementos e competencias adquiridos polo alumnado e a capacidade de este para relacionalos e para obter unha visión de conxunto da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes