Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Deseño. redacción e xestión de proxectos en Química
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Deseño. redacción e xestión de proxectos en Química Código 610G01036
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Ligero Martínez - Risco, Pablo
Correo electrónico
pablo.ligero@udc.es
Profesorado
Ligero Martínez - Risco, Pablo
Vega Martin, Alberto de
Correo electrónico
pablo.ligero@udc.es
alberto.de.vega@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral A materia se inscribe dentro do segundo cuadrimestre do ultimo curso do grao de química. O obxectivo da mesma é dobre, por unha banda, pretendese que o alumnado teña coñecemento de tódolos pasos que leva á elaboración dun proxecto e, por outra, procurarase que o alumnado traslade eses coñecementos ó eido da química mediante a planificación e desenvolvemento dun proxecto de química dende un punto de vista técnico-económico-social.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non hai modificacións de contidos 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen -Se hai limitación de aforo (docencia híbrida): Sesión maxistral telemática ,a través da plataforma TEAMS, e presencial simultáneamente no horario normal (non computa na avaliación). Sesión seminarios telemática ,a través da plataforma TEAMS,e presencial simultáneamente no horario normal (computa na avaliación). Traballo tutelado con atención personalizada telemática ,a través da plataforma TEAMS, de xeito grupal, e presencial simultáneamente (computa na avaliación), . Atención personalizada a través da plataforma TEAMS e do correo electrónico. -Se non hai presencialidade: Sesión maxistral telemática, a través da plataforma TEAMS, no horario normal (non computa na avaliación). Sesión seminarios telemática, a través da plataforma TEAMS, no horario normal (non computa na avaliación). Traballo tutelado con atención personalizada de xeito grupal telemática,a través da plataforma TEAMS (computa na avaliación). Atención personalizada telemática,a través da plataforma TEAMS, e do correo electrónico. *Metodoloxías docentes que se modifican -Se hai limitación de aforo (docencia híbrida): Non hai modificación nas metodoloxías. -Se non hai presencialidade A presentación oral desaparece, e a súa avaliación incorporarase á metodoloxía de traballo tutelado. A avaliación dos seminarios desaparecen e incorporarase á metodoloxía de traballo tutelado. 3. Mecanismos de atención personalizada ó alumnado – Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: De xeito paralelo ás sesións maxistrais para o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Teams: De 1 sesión semanal (ou máis segundo a demanda do alumnado) en pequeno grupo, para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados” e "seminarios". Esta dinámica permite facer un seguemento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación -Se hai limitación de aforo (docencia híbrida): Non hai modificacións. -Se non hai presenciabilidade: Traballos tutelados (100%). En relación cos traballos tutelados valorarase: – A adecuación metodolóxica das propostas de traballo. - A profundidade do contido. - O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. - A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. *Observacións de avaliación: -Se hai limitación de aforo (docencia híbrida): Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente -Se non hai presencialidade: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: 1. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). 2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Entregar e expór os traballos tutelados na data que se indique. 2. Obter unha puntuación mínima de 5 no traballo tutelado. 3. A oportunidade de xullo permitirá enmenda-lo traballo tutelado que non acadaran a cualificación mínima. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Incorporaranse libros da plataforma ELibro
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes