Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Deseño. redacción e xestión de proxectos en Química
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A15 B2 B4 C1 Realizaráse unha proba mixta escrita de toda a materia. que contemplará cuestións teóricas e prácticas. Esta proba ten carácter obrigatorio, sendo puntuada de 1 a 10 puntos, proporcionalmente. Para computar na nota final será preciso ter alomenos catro puntos na mesma.
50
Traballos tutelados A22 A28 B4 B5 C1 C3 C4 Durante o curso ó alumnado elaborará e presentará por escrito, un pequeno estudo/proxecto en equipos reducidos. Avaliarase a claridade de contidos, a presentación e redacción da memoria. Avaliarase así mesmo o proceso de elaboración do traballo, con especial atención á capacidade de traballo en grupo e de iniciativa individual. A elaboración deste proxecto é de carácter obrigatorio, non sendo posible supera-la materia sen a realización e presentación do mesmo dentro dos plazos fixados no seu momento. 25
Sesión maxistral A1 A5 A28 A presencia activa nas sesións maxistrais incentivaráse, proporcionalmente, cun máximo dun 10% na nota final sempre e cando esta presencia sexa igual ou maior ó 90%. 10
Seminario A11 A15 B2 B4 B7 Durante a semá entregarán-se cuestións prácticas ó alumnado para que traballen na súa resolución. As cuestións resoltas deberán ser entregadas ó profesor antes da clase de resolución das mesmas. En outras ocasións, presentaránse os alumnos, ó inicio da sesión, problemas para resolver na mesma aula, tendo que entrega-los resoltos ó fin da mesma. A entrega e resolución dos traballos resoltos computará, proporcionalmente, ate un máximo dun 15% da nota final.
15
 
Observacións avaliación

A proba mixta estará composta de dúas partes: Unha teórica e outra práctica que abranguerá a materia teórica e a resolución de problemas tratados durante o curso. A nota desta proba sumarase á cualificación obtida nos traballos tutelados e nos seminarios durante o curso. Para supera-la materia será preciso obter na proba mixta unha nota non inferior a 4, ter elaborado e entregado o traballo tutelado e acadar, sumadas as cualificacións de tódalas actividades, unha nota mínima de 5. De non acadarse dita puntuación mínima na proba mixta e/ou non ter presentado o traballo tutelado, a materia figurará como suspensa (4,5). Para obte-la cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 20 % das actividades avaliables programadas. A calificacion dos seminarios e do traballo tutelado conservaránse na segunda oportunidade, namentres que a cualificación da proba mixta da segunda oportunidade sustituirá á obtida na primeira oportunidade. Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se teñen cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade. O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto volve comenzar cun novo curso , incluidas tódalas actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para dito curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes