Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Medio ambiente e calidade
   Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Química Analítica do Medio Ambiente. Natureza e campo de aplicación. Definición e tipos de contaminación. Necesidade da Química Analítica nos problemas medioambientais. Tipos de análises. Nocións sobre lexislación medioambiental.
Tema 2. Principais contaminantes atmosféricos. Control analítico da contaminación atmosférica. Contaminación atmosférica: emisión e inmisión. Principais contaminantes e as súas fontes. Efectos no medio ambiente e na saúde. Parámetros de calidade do ar. Redes de vixilancia e control. Lexislación específica. Toma de mostra. Investigación analítica dos principais contaminantes na atmosfera.

Tema 3. Principais contaminantes do medio acuático. Control analítico da contaminación no medio acuático.
Caracterización físico-química das augas. Parámetros de calidade das augas. Principais contaminantes e a súa orixe. Lexislación específica. Toma de mostra: augas, sedimentos e organismos. Investigación analítica dos principais contaminantes en augas.
Tema 4. Principais contaminantes no chan e na vexetación: fontes e efectos. Control analítico da contaminación. O chan como receptor de verquidos e residuos. Orixe, transporte e destino dos principais contaminantes. Lexislación específica. Toma de mostra: chan e vexetación. Investigación analítica dos principais contaminantes.
Tema 5. A calidade no laboratorio químico Calidade dun laboratorio de análise. Perspectiva do cliente. Perspectivas do laboratorio/empresa. A calidade como proceso.
Tema 6. Introducción aos Modelos Internacionais para a Xestión da Calidade Definición formal de calidade. ISO 9000, ISO 17025. Aspectos fundamentais que contemplan ambas normas. Algunhas dificuldades habituais. Discusión dalgúns aspectos críticos que configuran a calidade dun laboratorio. Ferramentas básicas empregadas no control da calidade: diagramas de Pareto, de Ishikawa, de afinidade. Cartas de control. Outras ferramentas.
Tema 7. Introducción aos Sistemas Internacionais de Xestión medioambiental Importancia da empresa na protección ambiental. A idea de Taguchi: calidade e Sociedade. Introducción aos modelos ISO 14000 e Europeo de Autoxestión e Autocontrol, EMAS.
Prácticas de laboratorio Abordarán o proceso analítico da forma máis completa posible, dende a toma de mostra até a interpretación do resultado. Versarán sobre problemas reais dentro do campo medioambiental.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes