Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Medio ambiente e calidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A14 A15 A28 B2 C1 O exame consistirá en preguntas tipo test de resposta única, preguntas de resposta breve e exercicios numéricos e/ou de estudo de casos.
65
Prácticas de laboratorio A17 A19 A23 A26 B7 Valorarase de forma continua o traballo experimental (destreza, actitude, orde, atención,..) e a memoria entregada.
15
Seminario A15 A16 B2 B3 B4 B5 B7 C3 Valorarase a participación dos alumnos nas clases, ademáis da resolución das cuestións e/ou exercicios plantexados.
20
 
Observacións avaliación

O traballo do alumno será avaliado de forma continua e periódica a través da asistencia regular ás actividades avaliables, a súa participación nos traballos de seminario, a resolución de cuestións e exercicios expostos polo profesor (que haberán de ser entregados no prazo que se indique), polas prácticas de laboratorio e pola proba mixta. A realización das prácticas é obrigatoria e a súa non realización impide a superación da materia; ao final das mesma deberán entregar un informe do procedemento, resultados obtidos e interpretación dos mesmos.

Para superar a materia é preciso obter, tanto na proba mixta como no resto de actividades avaliables, unha nota mínima de 4 (sobre 10) e alcanzar, sumadas as cualificacións de todas as actividades avaliables unha nota mínima de 5 (sobre 10). A materia non será aprobada (mesmo no caso de que a suma total supere 5) se a puntuación dunha das actividades avaliables non alcanza o 4. Neste caso, a puntuación final da materia será suspenso (4,5).

O alumno obterá cualificación de Non Presentado cando faga menos do 25% das actividades avaliables.

No contexto de "avaliación continuada" a "segunda oportunidade de xullo" enténdese como unha segunda oportunidade de realización da proba mixta. Por tanto, para as prácticas, seminarios e estudos de casos manteranse as cualificacións obtidas ao longo do curso, mentres que a cualificación da proba obxectiva de xullo substituirá á obtida na proba obxectiva de xuño.

Polo que se refire aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico e, por tanto, volvería comezar co novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que sexan programadas para o devandito curso.

Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na primeira oportunidade.

O alumno con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será avaliado unicamente mediante as cualificacións obtidas nas probas obxectivas (85%) e nas prácticas (15%). A realización das prácticas facilitarase dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. Isto aplica a ambas as oportunidades.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes