Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Medio ambiente e calidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A14 A15 A28 B2 C1 O exame consistirá en preguntas tipo test de resposta única, preguntas de resposta breve e exercicios numéricos e/ou de estudo de casos.
70
Prácticas de laboratorio A17 A19 A23 A26 B7 Valorarase de forma continua o traballo experimental (destreza, actitude, orde, atención,..) e a memoria entregada.
15
Seminario A15 A16 B2 B3 B4 B5 B7 C3 Valorarase a participación dos alumnos nas clases, ademáis da resolución das cuestións e/ou exercicios plantexados.
15
 
Observacións avaliación

O traballo do alumno será avaliado de forma continua e periódica a
través da asistencia regular ás actividades avaliables, a súa participación nos
traballos de seminario, a resolución de cuestións e exercicios expostos polo
profesor (que haberán de ser entregados no prazo que se indique), polas
prácticas de laboratorio e pola proba mixta.

A realización das prácticas é obrigatoria e a súa non realización
impide a superación da materia; ao final das mesma deberán entregar un informe
do procedemento, resultados obtidos e interpretación dos mesmos.

O
alumno obterá cualificación de Non Presentado cando faga menos do 25% das
actividades avaliables.

PRIMEIRA
OPORTUNIDADE

Para superar a materia é preciso obter na proba mixta unha nota
mínima de 5 (sobre 10) e no resto de actividades avaliables unha nota mínima de
4 (sobre 10) e alcanzar, ponderadas e sumadas as cualificacións de todas as
actividades avaliables unha nota mínima de 5 (sobre 10). A materia non será
aprobada (mesmo no caso de que a suma total supere 5) se a puntuación dunha das
actividades avaliables non alcanza o 4 e neste caso, a puntuación final da materia
será suspenso (4,5).

SEGUNDA
OPORTUNIDADE

Na segunda oportunidade realizarase a proba mixta e manteranse as
notas obtidas nas prácticas e seminarios obtidas mentras que a calificación
obtida na proba mixta nesta oportunidade substituirá á obtida na primeria
oportunidade. Para superar a materia nesta convocatoria é preciso obter na
proba mixta unha nota mínima de 5 (sobre 10) e alcanzar, ponderadas e sumadas
as cualificacións de todas as actividades avaliables unha nota mínima de 5
(sobre 10).

Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á
matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se
cubriu na súa totalidade na primeira oportunidade.

DEDICACIÓN
A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA

O alumno con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia será avaliado unicamente mediante
as cualificacións obtidas nas probas mixtas (85%) e nas prácticas (15%). A
realización das prácticas facilitarase dentro da flexibilidade que permitan os
horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. Isto aplica a ambas
as oportunidades.

CURSOS SUCESIVOS

Polo que se refire aos sucesivos cursos académicos, o proceso de
ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico e, por
tanto, volvería comezar co novo curso, incluídas todas as actividades e
procedementos de avaliación que sexan programadas para o devandito curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes