Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Tecnoloxía Química
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A14 A15 A24 A25 B3 B4 B5 B7 C2 C8 Valorarase a calidade dos traballos realizados en canto a contido e referencias bibliográficas, así como a presentación escrita e oral.

15
Prácticas de laboratorio A7 A19 A20 A21 A22 B3 B4 B5 B7 A realización das prácicas é obrigatoria. Valorarase o traballo experimental realizado no laboratorio e a memoria na que se recollerán obxectivos, resultados, tratamento dos datos e conclusións.
15
Proba mixta A10 A11 A13 A14 A16 A24 B1 B2 C6 Na proba, que terá lugar no período establecido de exames, valoraránse os coñecementos adquiridos polo alumno. 65
Saídas de campo A21 A24 A25 A28 B6 C5 Cada alumno realizará un informe individual sobre as instalacións visitadas que entregará ao profesor. É unha actividade obrigatoria.
5
 
Observacións avaliación

Para superar a materia o alumno terá que asistir á totalidade das prácticas de laboratorio e á visita técnica, acadar en cada unha das actividades que contabilizan na avaliación unha nota mínima de 4 sobre 10, e acadar unha cualificación global igual ou superior a 5 sobre 10. No caso de que o alumno non acade a puntuación mínima nalgunha das actividades, aínda no caso de que a cualificación global sexa superior a 5 sobre 10, a materia figurará na acta como suspensa (4,5).


Os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade, por ter suspendido ou por non terse presentado á proba mixta, poderán repetila na segunda oportunidade. Nesta segunda oportunidade se conservarán as cualificacións obtidas nas prácticas de laboratorio, no traballo tutelado e na visita.


Aqueles alumnos que, sen causa debidamente xustificada, non realicen as actividades obrigatorias, non poderán superar a materia en ningunha das dúas oportunidades. Considerarase un alumno "non presentado" no caso de que non realice a proba escrita e teña realizado menos do 25% das actividades académicas programadas.


Os alumnos que sexan avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas, dacordo coa normativa académica, non se cubríu na primeira oportunidade.


O proceso de ensino-aprendizaxe incluida a avaliación refírese a un curso académico, e  polo tanto, os alumnos que non superen a materia e volvan matricularse, terán que realizar todas as actividades programadas, sen manteren ningunha das cualificacións obtidas en cursos previos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes