Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Tecnoloxía Química
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A10 A11 A14 A16 A21 A22 A24 A25 A28 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C5 C6 C8 A realización do traballo é obrigatoria. Valorarase a calidade dos traballos realizados en canto a contido e referencias bibliográficas, así como a presentación escrita e oral.

25
Prácticas de laboratorio A7 A14 A15 A19 A20 A21 B3 B4 B5 B7 A realización das prácicas é obrigatoria. Valorarase o traballo experimental realizado no laboratorio e o informe no que se recollerán obxectivos, resultados, tratamento dos datos e conclusións.
10
Proba mixta A13 A14 A16 A24 B2 B3 B7 C6 Na proba, que terá lugar no período establecido de exames, valoraránse os coñecementos adquiridos polo alumno. 65
 
Observacións avaliación

Para superar a materia o alumno terá que acadar en cada unha das actividades que contabilizan na avaliación unha nota mínima de 4 sobre 10, e unha cualificación global igual ou superior a 5 sobre 10. No caso de que o alumno non acade a puntuación mínima nalgunha das actividades, aínda no caso de que a cualificación global sexa superior a 5 sobre 10, a materia figurará na acta como suspensa (4,5).

Na segunda oportunidade só é posible mellorar a cualificación da proba mixta, manténdose as cualificacións do traballo e das prácticas obtidos no curso.

Só os alumnos que non realicen ningunha das actividades avaliables terán a consideración de "non presentados".

Os alumnos que sexan avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas, dacordo coa normativa académica, non se cubríu na primeira oportunidade.

O proceso de ensino-aprendizaxe incluida a avaliación refírese a un curso académico, e  polo tanto, os alumnos que non superen a materia e volvan matricularse, terán que realizar todas as actividades programadas, sen manteren ningunha das cualificacións obtidas en cursos previos.

No caso de situacións excepcionais debidamente justificadas poderán adoptarse medidas adicionais para que o estudante poida superar a materia, flexibilizando os prazos de entrega do traballo tutelado ou os horarios de realización das prácticas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes