Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Prácticas externas 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A28 A25 A23 A22 A20 A19 A18 A17 A15 A14 A1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C5 C6 C7 A empresa ou institución nomeará un titor, que elaborará un informe final, dirixido ao Decanato do Centro no que se avaliará o grao de aproveitamento acadado polo estudante. 50
Resumo B3 C1 C6 C7 Para acadar o recoñecemento académico, sempre que a estadía desenvolvida cumpra as condicións especificadas, o alumno deberá remitir ao Decanato do Centro un relatorio detallado dos traballos e actividades realizadas. Tal relatorio será elaborado dacordo cun modelo ad hoc.
O titor académico revisará o informe emitido polo alumno, facendo por escrito as recomendacións e puntualizacións pertinentes para correxilo e melloralo. Á vista destas recomendacións, o alumno revisará o documento e o entregará no Negociado de alumnos xunto cunha instancia solicitando a súa avaliación.
O informe do alumno será avaliado pola Comisión de Docencia e Validacións do Centro que, tendo en conta o informe do titor da empresas e as recomendacións do titor académico, outorgará a cualificación final que aparecerá na acta.
50
 
Observacións avaliación

Valorarase, no seu conxunto, a labor realizada durante as prácticas e a memoria realizada sobre as mesmas.

NORMAS DE PRESENTACIÓN DA MEMORIA ESCRITA

1.
Letra: Arial ou Times New Roman, tamaño 11 puntos

2. Interlineado: 1.5

3. Marxes: marxes superior e inferior: 2.0 cm; marxe exterior: 2.0 cm; marxe interior: 2.2 cm.

4. Extensión: mínimo recomendable: 25 páxinas; máximo: 40 páxinas impresas a dobre cara.

5. Recoméndase non empregar plásticos na encadernación da memoria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes