Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Prácticas externas 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O titor nomeado pola empresa ou institución, que deberá ser un titulado superior, preferiblemente da mesma titulación ou titulacións afíns á do estudante, elaborará un informe final, dirixido ao Decanato do Centro (ANEXO IV), no que se avalíe o grao de aproveitamento acadado polo estudante.

50
Resumo B3 C1 C6 C7
Para acadar recoñecemento académico, sempre que a estadía desenvolvida cumpra as condicións especificadas na normativa, o alumno deberá remitir ao Decanato do Centro un relatorio detallado dos traballos e actividades realizadas. Tal relatorio será elaborado dacordo cun modelo (ANEXO VII).
O titor académico revisará o informe emitido polo alumno, facendo por escrito as recomendacións e puntualizacións pertinentes para correxilo e melloralo. Á vista destas recomendacións o alumno, nun prazo non superior a dous meses e en todo caso antes do 31 de outubro, revisará o documento e o entregará no Negociado de alumnos xunto cunha instancia solicitando a súa avaliación.
O informe do alumno será avaliado pola Comisión de Docencia e Validacións do centro que, tendo en conta o informe do titor da empresas e as recomendacións do titor académico, outorgará a cualificación que aparecerá na acta.
50
 
Observacións avaliación

Valorarase no seu conxunto a labor realizada durante as prácticas e a memoria realizada sobre as mesmas.


Recoméndase ao alumnado cosultar a rúbrica de avaliación publicada
na web do Centro.DIRECTRICES PARA A ELABORACIÓN DA MEMORIA ESCRITA (ANEXO VII) - A memoria presentarase impresa a dobre cara e en tamaño DINA-4.- Aconséllase unha extensión de entre 12 e 30 páxinas
(“carillas”). O alumnado consultará co seu titor/a a conveniencia ou non de
extensión sinferiores ou superiores.- Tipografía: Arial 11 puntos ou Times New Roman 12 puntos. Pés de
figura eencabezados das táboas: tamaño mínimo 10 puntos.- Interlineado: 1,5- Marxes: non inferiores a 2 cm (superior, inferior e laterais)- Encadernado de xeito que permita o seu doado manexo e lectura e
garanta a conservación íntegra e ordeada do documento.- Páxinas numeradas na marxe inferior.- A portada da memoria non irá numerada e deberá incluír a
seguinte información: 
Grao en Química
Memoria de prácticas externas
Nome e apelidos do alumno/a
Nome da empresa/institución onde realizou as prácticas
Titores/as de empresa e universidade
Datas de realización das prácticas e número de horas



































Data de
presentación da memoria. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes